Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exporanse, en exame escrito, 4 cuestións, nas que se valorará a completitud, exactitude e rigor técnico, redacción e presentación das respostas ás preguntas expostas. Resultados de aprendizaxe: comprender os aspectos básicos implicados no movemento de terras e no movemento de maquinaria; coñecer os principios básicos dos equipos empregados en construción de obras; a capacitación para a elección da maquinaria idónea asociada a un determinado proxecto de obra e o coñecemento dos aspectos fundamentais sobre organización e seguridade e saúde na obra. |
60 |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C20
|
D1 D2 D3 D7 D10
|
Estudo de casos/análisis de situacións |
Exporase un suposto práctico a analizar en exame escrito, no que se valorará a completitud, exactitude e rigor técnico, redacción e presentación das respostas aos casos e situacións expostos. Resultados de aprendizaxe: a capacitación para a estimación da produción tanto individual como combinada dos equipos e para a estimación dos custos de produción |
40 |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C20
|
D1 D2 D3 D7 D10
|
Na convocatoria extraordinario de Xullo mantense o mesmo modelo de avaliación que para a convocatoria ordinaria. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 12/09/2017 - Convocatoria ordinaria 1º período: 09/01/2018 - Convocatoria extraordinaria xullo: 29/06/2018 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames |