Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Obras subterráneas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Sesión maxistral Exáme escrito de cuestións de resposta curta para analizar o entendemento do contido teorico-practico visto durante o curso. Resultados de aprendizaxe: coñecemento e aplicación do proceso teórico-experimental utilizado na caracterización do terreo para proceder ao deseño da obra e a selección dos métodos de execución óptimos; coñecemento e aplicación das diferentes disciplinas que confluen nesta materia; coñecer e comprender o funcionamento das tecnoloxías de sostemento de obras subterráneas. 30 CG1
CG2
CG3
CG4
CG7
CG8
CE24
CE25
CT1
CT3
CT7
CT9
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas consistentes na resolución de problemas que abarquen os conceptos estudados durante o curso. Os enxeñeiros deben saber resolver problemas reais, por iso a resolución destes exercicios forman a parte máis valorada na avaliación. Resultados de aprendizaxe: integrar e aplicar con coherencia as diferentes disciplinas que conflúen nesta materia; cálculo e deseño dos aspectos básicos sobre tecnoloxía e seguridade na obra subterránea; cálculo e estimación básica de rendementos de avance nos diferentes métodos de execución de túneles en función das condicións que presente o macizo; aplicación dos principios de deseño de voaduras no marco da materia. 50 CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG6
CG7
CG8
CE24
CE25
CT1
CT2
CT3
CT7
CT9
Prácticas de laboratorio Avaliación a través do informe/memoria de prácticas realizadas e da exposición en aula de casos reais. Resultados de aprendizaxe: distinción e desenvolvemento dos diferentes documentos que deben integrar o proxecto dunha obra subterránea e os seus contidos; cálculo e diseño dos aspectos básicos sobre tecnoloxía e seguridade na obra subterránea. 20 CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG7
CG8
CE24
CE25
CT1
CT2
CT3
CT5
CT7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria ordinaria, é necesario realizar e entregar os traballos propostos durante o curso. Sendo así a cualificación da nota final a suma das notas dos traballos (ata un 20%) e do exame (ata un 80%)

En convocatorias posteriores do mesmo curso, o exame puntuará o 100% da nota final. 

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 08/09/2016

- Convocatoria ordinaria 1º período: 13/01/2017

- Convocatoria extraordinaria xullo: 23/06/2017

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=57


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000