Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Explosivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a resolución correcta dos exercicios expostos. Resultados de aprendizaxe:
Explicar o significado dos conceptos básicos relativos á reacción dos explosivos. Explicar e aplicar os conceptos básicos da termoquímica para a resolución dos problemas. Calcular as características determinadas de forma teórica dos explosivos.
5
CG1
CG7
CE52
CT7
Presentacións/exposicións Valorarase a calidade na exposición e presentación dos traballos así como o seu contido. Resultados de aprendizaxe:
Explicar e aplicar os conceptos básicos da termoquímica para a resolución dos problemas. Calcular as características determinadas de forma teórica dos explosivos. Aplicar a regulamentación en materia de seguridade na fabricación, transporte e distribución de explosivos.
5
CG1
CG2
CG3
CG5
CG7
CG8
CT1
CT4
CT6
CT7
CT9
Prácticas en aulas de informática Valorarase a correcta resolución e a presentación dos informes dos casos que se exporán en clase. Resultados de aprendizaxe:
Explicar e aplicar os conceptos básicos da termoquímica para a resolución dos problemas. Calcular as características determinadas de forma teórica dos explosivos.
10
CG1
CG2
CG3
CG5
CG7
CT1
CT4
CT6
CT7
Outras Exame escrito que pode incluír preguntas con resposta tanto breve como de desenvolvemento así como algún caso práctico.
Valorarase a completitud, exactitude, redacción e presentación das respostas ás preguntas expostas. Resultados de aprendizaxe:
A proba avalía, en xeral, todos os resultados de aprendizaxe esperados cunha forte ponderación no concernente á fabricación de explosivos.
80
CG1
CG2
CG3
CG4
CG5
CG6
CG7
CG8
CE52
CT1
CT6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua require que de asistencia continua a clase, aceptándose unicamente as faltas debidamente xustificadas.

En caso de optar á avaliación continua o alumnado:

Deberá entregar un informe recompilatorio dos exercicios de clase, en formato dixital, debidamente presentado e maquetado.

Isto mesmo aplicarase ao informe dos casos expostos para as prácticas de informática, sendo necesario neste caso que o alumnado demostre que ten as bases teóricas requiridas para a comprensión da materia involucrada en ditas prácticas.

Poderá presentarse a parciais da materia que liberarán do exame final a condición de que a nota mínima alcanzada en todos e cada un deles sexa polo menos do 50% do seu total.

Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (exame final) e outro tanto na parte práctica (informes e exposición dos exercicios ou exame final).

Na convocatoria extraordinaria de Xullo, a materia avaliarase a través dun exame único, no cal a parte teórica suporá un 60% da nota e a resolución de problemas e exercicios o 40% restante. Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (sobre 60%), e dun 40% na parte de exercicios (sobre 40%).

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carrera: 23/9/2016

- Convocatoria ordinaria 2º período: 25/05/2017

- Convocatoria extraordinaria julio: 06/07/2017

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?ide=57

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000