A avaliación continua require que de asistencia continua a clase, aceptándose unicamente as faltas debidamente xustificadas. En caso de optar á avaliación continua o alumnado: Deberá entregar un informe recompilatorio dos exercicios de clase, en formato dixital, debidamente presentado e maquetado. Isto mesmo aplicarase ao informe dos casos expostos para as prácticas de informática, sendo necesario neste caso que o alumnado demostre que ten as bases teóricas requiridas para a comprensión da materia involucrada en ditas prácticas. Poderá presentarse a parciais da materia que liberarán do exame final a condición de que a nota mínima alcanzada en todos e cada un deles sexa polo menos do 50% do seu total.
Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (exame final) e outro tanto na parte práctica (informes e exposición dos exercicios ou exame final). Na convocatoria extraordinaria de Xullo, a materia avaliarase a través dun exame único, no cal a parte teórica suporá un 60% da nota e a resolución de problemas e exercicios o 40% restante. Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (sobre 60%), e dun 40% na parte de exercicios (sobre 40%). Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carrera: 23/9/2016 - Convocatoria ordinaria 2º período: 25/05/2017 - Convocatoria extraordinaria julio: 06/07/2017 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?ide=57 |