Guia docente 2015_16
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Explosivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a resolución correcta dos exercicios expostos. Resultados de aprendizaxe:
Explicar o significado dos conceptos básicos relativos á reacción dos explosivos. Explicar e aplicar os conceptos básicos da termoquímica para a resolución dos problemas. Calcular as características determinadas de forma teórica dos explosivos.
5 B1
B7
C52
D7
Presentacións/exposicións Valorarase a calidade na exposición e presentación dos traballos así como o seu contido. Resultados de aprendizaxe:
Explicar e aplicar os conceptos básicos da termoquímica para a resolución dos problemas. Calcular as características determinadas de forma teórica dos explosivos. Aplicar a regulamentación en materia de seguridade na fabricación, transporte e distribución de explosivos.
10 B1
B2
B3
B5
B7
B8
D1
D4
D6
D7
D9
Prácticas en aulas de informática Valorarase a correcta resolución e a presentación dos informes dos casos que se exporán en clase. Resultados de aprendizaxe:
Explicar e aplicar os conceptos básicos da termoquímica para a resolución dos problemas. Calcular as características determinadas de forma teórica dos explosivos.
10 B1
B2
B3
B5
B7
D1
D4
D6
D7
Outras Exame escrito que pode incluír preguntas con resposta tanto breve como de desenvolvemento así como algún caso práctico.
Valorarase a completitud, exactitude, redacción e presentación das respostas ás preguntas expostas. Resultados de aprendizaxe:
A proba avalía, en xeral, todos os resultados de aprendizaxe esperados cunha forte ponderación no concernente á fabricación de explosivos.
75 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C52
D1
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación continua require que de asistencia continua a clase, aceptándose unicamente as faltas debidamente xustificadas.

En caso de optar á avaliación continua o alumnado:Deberá entregar un informe recompilatorio dos exercicios de clase, en formato dixital, debidamente presentado e maquetado.Isto mesmo aplicarase ao informe dos casos expostos para as prácticas de informática, sendo necesario neste caso que o alumnado demostre que ten as bases teóricas requiridas para a comprensión da materia involucrada en ditas prácticas. Realizará un proxecto en grupo relativo á seguridade na industria dos explosivos. Poderá presentarse a parciais da materia que liberarán do exame final a condición de que a nota mínima alcanzada en cada un deles sexa polo menos do 50% do seu total.
Para aprobar a materia é requisito necesario obter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (exame final) e outro tanto na parte práctica (informes e exposición dos exercicios ou exame final).

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 16:00 – 23/10/2015
- Convocatoria ordinaria 2º período: 16:00 – 25/05/2016
- Convocatoria extraordinaria xullo: 16:00 – 07/07/2016

Esta información se puede verificar/consultar de forma actualizada en la página web del centro:
http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=57

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000