Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Explosivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a resolución correcta dos exercicios expostos
5
Presentacións/exposicións Valorarase a calidade na exposición e presentación dos traballos así como o seu contido 5
Prácticas en aulas de informática Valorarase a presentación dos informes da resolución dos casos que se exporán en clase 10
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación en clase 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Valorarase a completitud, exactitude, redacción e presentación das preguntas planteadas 75
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A valoración da asistencia require que esta sexa continuada aceptándose unicamente as faltas debidamente xustificadas.

Deberá entregarse un informe recompilatorio dos exercicios de clase, en formato dixital, debidamente presentado e maquetado.

Isto mesmo aplicarase ao informe dos exercicios correspondentes ás prácticas de informática, sendo necesario neste caso que o alumnado demostre que ten as bases teóricas requiridas para a compresión da materia involucrada en ditas prácticas.

Realizaranse parciais da materia que liberarán do exame final a condición de que a nota mínima alcanzada en cada un deles sexa polo menos do 50% do seu total.

Para aprobar a materia é requisito ter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (exame final) e outro tanto na parte práctica (informes e exposición dos exercicios).

As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 26 de maio de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 10 de xullo de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 24 de outubro 2014 ás
16:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000