A valoración da asistencia require que esta sexa continuada aceptándose unicamente as faltas debidamente xustificadas. Deberá entregarse un informe recompilatorio dos exercicios de clase, en formato dixital, debidamente presentado e maquetado. Isto mesmo aplicarase ao informe dos exercicios correspondentes ás prácticas de informática, sendo necesario neste caso que o alumnado demostre que ten as bases teóricas requiridas para a compresión da materia involucrada en ditas prácticas. Realizaranse parciais da materia que liberarán do exame final a condición de que a nota mínima alcanzada en cada un deles sexa polo menos do 50% do seu total. Para aprobar a materia é requisito ter unha puntuación mínima do 40% na parte teórica (exame final) e outro tanto na parte práctica (informes e exposición dos exercicios). As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán: - convocatoria ordinaria 1er período: 26 de maio de 2015
ás 16:00 horas - convocatoria extraordinaria de xullo: 10 de xullo de 2015
ás 16:00 horas - convocatoria fin de carreira: 24 de outubro 2014 ás
16:00 horas Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0 |