Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Enxeñaría nuclear
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Actividades enfocadas ao traballo nun tema específico, que permitirá complementar os contidos da materia. 20
Probas de resposta curta Para aqueles alumnos que leven ao día os traballos que se encarguen ao longo do curso e que participen activamente en todas as sesións. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final.
Consistirá nunha proba na que se avaliarán todos os contidos desenvolvidos na materia, onde se avaliará principalmente a capacidade de aplicar os coñecementos e a capacidade de análise e síntese do alumno.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que realicen as tarefas
que o profesor encarga durante o curso, AVALIACIÓN CONTINUA,  poderán chegar ao exame final
cunha renda de puntos compensable que representa como máximo o 30% da nota máxima (10 puntos). Os puntos alcanzados
terán validez nas dúas convocatorias do exame do curso.

Asemade, durante o curso e no tempo das clases maxistrais, seminarios,
traballos en aula, prácticas, etc., o profesor poderá avaliar os coñecementos do
alumno dados ata ese momento mediante cuestións sinxelas ou
resolución de problema

O exame final poderá ser diferenciado
para aqueles alumnos que seguiron a avaliación continua ao longo do
curso respecto daqueles que non a seguiron ao renunciar á avaliación continua seguindo as canles oficiais fixados pola dirección da escola. En ambos os casos a
nota máxima do curso é dez.

As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 13 de maio de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 3 de xullo de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 17 de outubro 2014 ás
16:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000