Aqueles alumnos que realicen as tarefas
que o profesor encarga durante o curso, AVALIACIÓN CONTINUA, poderán chegar ao exame final
cunha renda de puntos compensable que representa como máximo o 30% da nota máxima (10 puntos). Os puntos alcanzados
terán validez nas dúas convocatorias do exame do curso. Asemade, durante o curso e no tempo das clases maxistrais, seminarios,
traballos en aula, prácticas, etc., o profesor poderá avaliar os coñecementos do
alumno dados ata ese momento mediante cuestións sinxelas ou
resolución de problema O exame final poderá ser diferenciado
para aqueles alumnos que seguiron a avaliación continua ao longo do
curso respecto daqueles que non a seguiron ao renunciar á avaliación continua seguindo as canles oficiais fixados pola dirección da escola. En ambos os casos a
nota máxima do curso é dez. As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán: - convocatoria ordinaria 1er período: 13 de maio de 2015
ás 16:00 horas - convocatoria extraordinaria de xullo: 3 de xullo de 2015
ás 16:00 horas - convocatoria fin de carreira: 17 de outubro 2014 ás
16:00 horas Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0 |