Para aprobar a materia necesitarase alcanzar en cada un dos aspectos metodolóxicos referenciados un 40% da súa nota máxima. En relación á segunda convocatoria, non se terá en conta a avaliación continua. A avaliación da segunda convocatoria realizarase mediante un exame escrito no que se abordarán os aspectos máis relevantes da materia, tanto en cuestións teóricas como a través de problemas de resolución numérica. Na segunda convocatoria o alumno poderá presentarse a subir nota no exame escrito da materia. As datas dos exames,
aprobadas en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán: - convocatoria ordinaria 1er período: 26 de maio de 2015
ás 16:00 horas - convocatoria extraordinaria de Xullo: 9 de xullo de 2015
ás 16:00 horas - convocatoria fin de carreira: 23 de outubro 2014 ás
16:00 horas Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0 |