Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Ensaios e control de calidade de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas autónomas a través de TIC Cuestionarios e exercicios propostos para a súa realización a traves da plataforma Tem@. Reponderánse ao final de cada tema desenvolvido na aula, no tempo indicado a tal efecto. Estes cuestionarios, permiten avaliar o esforzo continuado que realiza o alumnado para avanzar na materia 10
Probas de resposta curta Constituirá unha parte da proba escrita que se levará a cabo nas datas fixadas polo centro.
Constará de preguntas breves relativas aos conceptos mais destacados da materia. Deberán ser respondidas de xeito claro e razoado.
Para superar a materia, o alumnado deberá realizar esta proba e acadar un 35% da cualificación posible neste apartado.
25
Probas de tipo test Constituirá outra parte da proba escrita que se levará nas datas fixadas polo centro.
Constará de preguntas tipo test de elección simple ou múltiple, nas que penalizaránse as respostas incorrectas.
Para superar a materia, o alumnado deberá realizar esta proba e acadar un 35% da cualificación posible neste apartado
25
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum Permitirán a avaliación das habilidades adquiridas nas prácticas de laboratorio, así como o aproveitamento das visitas a empresas realizadas.
Valoraráse a claridade da exposición e o axuste á nomenclatura e normativa traballada.
20
Estudo de casos/análise de situacións Valoraráse a capacidade do alumnado para a análise, busca e estruturación da información, así como a solución proposta, e a redacción do traballo. Valoraráse a defensa do traballo realizado durante os "Debates" dos casos propostos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas dos exames, aprobadas en Xunta de Escola o 23
de xuño de 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 21 de maio de
2015 ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 10 de xullo de
2015 ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 24 de outubro 2014 ás
16:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000