Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Loxística e servizos mineiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación de exercicios. Ao longo do curso, unha vez expostas e desenvolvidas no aula as ferramentas necesarias para abordar a resolución de exercicios, proporase un conxunto de exercicios para resolución autónoma por parte do estudante. A puntuación máxima é de 4 puntos. Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Dimensionar cintas transportadoras. Coñecer as características xerais e de deseño dos mineroductos. Dimensionar canles de garda, cunetas, tubos, balsas de decantación en explotacións a ceo aberto aplicando o método hidrometerolóxico.
Dimensionar equipos de achique de augas en obras subterráneas.
Dimensionar unha rede sinxela de aire comprimido.
Coñecer as instalación eléctricas de BT e AT, a súa aparamenta e sistemas de posta a terra.
Coñecer as configuracións habituais para as instalación eléctricas en BT e AT no interior das minas.
Coñecer os sistemas de tracción e control de velocidade utilizados no interior das minas.
Capacidade para o deseño de instalación eléctricas en minas.
Coñecer a normativa de BT e AT, especialmente no relativo a súa aplicación en minas.
Coñecer os riscos asociados ás instalación eléctricas en minas.
40 B3
B5
C28
C36
D1
D3
D5
D6
D7
Lección maxistral Avaliación dunha proba escrita estruturada en 4 apartados. A puntuación máxima da proba é 6 puntos. Requírese unha puntuación mínima de 0,6 puntos en cada un dos apartados da proba escrita. Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Dimensionar cintas transportadoras. Coñecer as características xerais e de deseño dos mineroductos. Dimensionar canles de garda, cunetas, tubos, balsas de decantación en explotacións a ceo aberto aplicando o método hidrometerolóxico.
Comprender os aspectos básicos do control e conducción de augas interiores, depuración e bombeo. Dimensionar equipos de achique de augas en obras subterráneas.
Dimensionar unha rede sinxela de aire comprimido.
Identificar os aspectos básicos na loxística de unha explotación mineira.
Coñecer as instalación eléctricas de BT e AT, a súa aparamenta e sistemas de posta a terra.
Coñecer as configuracións habituais para as instalación eléctricas en BT e AT no interior das minas.
Coñecer os sistemas de tracción e control de velocidade utilizados no interior das minas.
Capacidade para o deseño de instalación eléctricas en minas.
Coñecer a normativa de BT e AT, especialmente no relativo a súa aplicación en minas.
Coñecer os riscos asociados ás instalación eléctricas en minas.
60 B1
B2
B4
B6
B7
B8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia requírese alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 puntos. Para sumar as puntuacións obtidas nos apartados das probas da sesión maxistral e resolución de problemas e/ou exercicios é necesario alcanzar a puntuación mínima requirida en cada un destes apartados.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 15/09/2017

- Convocatoria ordinaria 2º período: 16/05/2018

- Convocatoria extraordinaria Xullo: 29/06/2018

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000