Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Xeración e distribución de enerxía térmica convencional e renovable
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates O debate consistirá nunha parte de exposición, de preguntas ao equipo contrario e de réplica, que será avaliado ao final polo profesor e o resto de alumnos que non participan no debate ao 50% e 50% respectivamente. Preténdese así que os asistentes sexan tamén participes e actvios nestes debates. 20
Traballos tutelados O traballo individual presentarase por escrito e avaliarase de acordo ao establecido na fase de titorización. A parte do traballo en grupo será avaliado nun debate en presenza de toda a clase. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Os contidos teóricos e exemplos asi como os problemas e exercicios que se realizarán tanto nos grupos A como grupos tipo B, avaliaranse mediante un exame escrito que terá unha parte de teoría con preguntas breves e/ou desenvolvemento, mais unha parte de problemas que consituirá a parte principal da nota deste exame. 40-50
Sesión maxistral Os contidos teóricos e exemplos asi como os problemas e exercicios que se realizarán tanto nos grupos A como grupos tipo B, avaliaranse mediante un exame escrito que terá unha parte de teoría con preguntas breves e/ou desenvolvemento, mais unha parte de problemas que constituirá a parte principal da nota deste exame.
Poderanse realizar tamén exames parciais previos ao exame final.
20-30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segundas convocatorias gardarase a parte da nota obtida en traballo individual e do traballo de grupo (froito da calificacion do debate).
Se o alumno desexa mellorar algunha destas cualificacións parciais deberá:
1.- Entregar un novo traballo individual para a parte correspondente ao traballo tutelado.
2.- Un traballo de análise sectorial equivalente ao traballo realizado en grupo, ou de preferir realizar un exame escrito do mesmo.

As datas dos exames, aprobadas
en Xunta de Escola o 23 de xuño do 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 15 de xaneiro de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de Xullo: 30 de xuño de 2015
ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 14 de outubro 2014 ás
16:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000