Educational guide 2015_16
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Xeración e distribución de enerxía térmica convencional e renovable
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Debates O grupo de debate constará de entre 8-12 alumnos. Unha vez posta en marcha o traballo individual (este deberase entregar 6 semanas antes do final do semestre), formaranse sub-grupos en equipos "rivais" que deberán preparar un debate relativo ao sector tecnolóxico analizado no seu traballo individual .
No debate cada un destes su-grupos deberá defender unha das posturas contrapostas (que se asignarán no momento do debate por sorteo) sobre a conveniencia (equipo DEFENSA) ou prexuízo (equipo ATAQUE) que supón para un determinado país/rexión/etc. una das seguintes tecnoloxías a analizadas no traballo individual.

Cada grupo acordará co profesor unha tecnoloxía/recurso enerxético concreto, así como un índice que servirá de referencia para os traballos individuais de todos os membros do grupo.
Saídas de estudo/prácticas de campo Organizarase unha vista a unha ou varias instalacións de interese dentro da Comunidade Autónoma de Galicia
Traballos tutelados Ofrecerase a posibilidade de elixir unha central ou instalación real que utilice unha fonte enerxética concreta para o seu estudo, ata alcanzar un total de 8-10 instalacións do mesmo recurso. Cada Alumno deberá realizar unha descrición técnica e histórica de como se chegou ata o presente. A modo de exemplo as instalacións serán representativas dalgunha das seguintes tecnoloxías:
- CENTRAL TERMICA DE CARBON
- CENTRAL DE COMBUSTIBLE GAS
- CENTRAL DE COGENERACIÓN
- CENTRAL DE CICLO COMBINADO
- CENTRAL DE CO-COMBUSTION DE BIOMASA
- CENTRAL TERMOSOLAR
Este traballo individual complementásese co traballo en grupo cuxo resultado final será un debate
Prácticas de laboratorio As prácticas permitirán observar de maneira sinxela fenómenos relacionadas coa materia en instalacións de tipo didáctico nos laboratorios da Escola
Prácticas en aulas de informática As prácticas permitirán resolver de maneira sinxela fenómenos e problemas relacionadas coa materia
Resolución de problemas e/ou exercicios Clase clásica de exposición de coñecementos aplicados á resulución de exercicios e problemas
Sesión maxistral Clase clásica de exposición de coñecementos teróricos e de exemplos ou problemas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000