(*)Tecnoloxía dos materiais plásticos é unha materia de terceiro curso, específica para a intensificación de "Mineralurxia e metalurxia". O obxectivo é afondar nos coñecementos previos que os alumnos acadaron na materia de "Tecnoloxía dos materiais", relativos aos plásticos e os elastómeros.
Os resultados perseguidos da apredizaxe céntranse en:
• Coñecer os principais procesos de fabricación de materiais plásticos de interese industrial.
• Coñecer a relación entre a estrutura dos materiais compostos de base polimérica e as prestaciíns que ofrecen.
• Relacionar as distintas técnicas de fabricación dun produto plástico cos requerimentos do produto final.
• Acadar os coñecementos precisos para poder seleccionar e deseñar a peza final máis axeitada para aplicacións industriais concretas.
• Coñecer as distintas alternativas de reciclaxe de materiais plásticos e elastoméricos, e avaliar o máis indicado en cada situación.
• Interpretar, analizar, sintetizar e extraer conclusións dos resultados das medidas e ensaios.
• Redactar textos ca estrutura axeitada aos obxectivos de comunicación. Presentar o texto a un público cas estratexias e os medios adecuados.
• Demostrar capacidades de comunicación e traballo en equipo.
• Identificar as propias necesidades de información e emprego dos medios, espazos e servizos dispoñibles para deseñar e executar búsquedas adecuadas ao ámbito temático.