Guia docente 2013_14
E. T. S. de Ingeniería de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Tecnoloxía dos materiais plásticos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2013_14
Materia Tecnoloxía dos materiais plásticos Código V09G310V01524
Titulacion
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua impartición
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría dos materiais, mecánica aplicada e construción
Coordinador/a
Pérez Pérez, María del Carmen
Correo-e cperez@uvigo.es
Profesorado
Pérez Pérez, María del Carmen
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Tecnoloxía dos materiais plásticos é unha materia de terceiro curso, específica para a intensificación de "Mineralurxia e metalurxia". O obxectivo é afondar nos coñecementos previos que os alumnos acadaron na materia de "Tecnoloxía dos materiais", relativos aos plásticos e os elastómeros.
Os resultados perseguidos da apredizaxe céntranse en:
• Coñecer os principais procesos de fabricación de materiais plásticos de interese industrial.
• Coñecer a relación entre a estrutura dos materiais compostos de base polimérica e as prestaciíns que ofrecen.
• Relacionar as distintas técnicas de fabricación dun produto plástico cos requerimentos do produto final.
• Acadar os coñecementos precisos para poder seleccionar e deseñar a peza final máis axeitada para aplicacións industriais concretas.
• Coñecer as distintas alternativas de reciclaxe de materiais plásticos e elastoméricos, e avaliar o máis indicado en cada situación.
• Interpretar, analizar, sintetizar e extraer conclusións dos resultados das medidas e ensaios.
• Redactar textos ca estrutura axeitada aos obxectivos de comunicación. Presentar o texto a un público cas estratexias e os medios adecuados.
• Demostrar capacidades de comunicación e traballo en equipo.
• Identificar as propias necesidades de información e emprego dos medios, espazos e servizos dispoñibles para deseñar e executar búsquedas adecuadas ao ámbito temático.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000