Guia docente 2013_14
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Instalacións e procesos de obtención de materiais metálicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Inclúese aquí a introdución á materia, o que se pretende co seu estudo, o modo de estudala, as metodoloxías empregadas para alcanzar os obxectivos fixados e o modo de avaliación.
Así mesmo proporcionarase a bibliografía
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos mais complexos da materia, así como as bases teóricas e directrices de traballo. Será clases participativas para incidir nos aspectos de mais dificultade
Prácticas de laboratorio A nivel de laboratorio analizaranse algúns dos aspectos das bases químicas dos procesos metalúrxicos.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizásense en clase exercicos de forma individual axudados polo profesor resolvendo o mesmo as partes mais complexas
Foros de discusión Establecerase na plataforma da Universidade algúns temas de discusión ou busqueda na rede na que os alumnos deben participar.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Unha serie de problemas que os alumnos resolveran pola súa conta.
Prácticas en aulas de informática Uso dun programa de ordenador empregado en moitas plantas para o deseño de procesos. Terán que resolver algúns casos no laboratorio informático
Metodoloxías integradas Aquí faranse grupos ABP (aprendizaxe baseada en proxectos) que deberan facer unha páxina WEB nas que se describa un proceso de obtención dun metal
Saídas de estudo/prácticas de campo Visita a unha planta Metalúrxica
Prácticas autónomas a través de TIC Distintos exercicos que se expuxesen a traves da plataforma que deben resolver.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000