Guia docente 2014_15
E. T. S. de Ingeniería de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Mineralurxia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Terase en conta na avaliación da materia a asistencia ás prácticas de laboratorio, a entrega dun boletín da experiencia e a corrección do mesmo. A nota de esa metodoloxía será como máximo de 1 punto sobre 10 10
Metodoloxías integradas O alumno deberá entregar o resultado do proxecto proposto e expolo publicamente. Avaliarase o rigor e a corrección do traballo escrito e a capacidade de síntese na presentación oral. O traballo puntuará como máximo 2 puntos sobre o 10 da nota global. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do curso, o alumno deberá resolver varios boletíns de problemas, que se traballan previamente na aula, deberá presentalos e serán evaluados hasta 1 punto sobre o 10 da nota global. 10
Probas de resposta curta A proba escrita consistirá na resolución de preguntas de resposta curta e de varios problemas. A puntuación deste examen sobre a nota global e de un máximo de 5 sobre a nota global de 10; para que a nota do examen poida contar na evaluación global, deberá superar o 2.5 sobre 5. 50
Observación sistemática A asistencia a clase e a resolución de probas tipo test de autoavaliación continua durante o curso (suxeitos a un calendario) puntuarase con un peso de 1 punto sobre o 10 da nota global. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación consta de duas partes:

1) Exame. A puntuación deste exame sobre a nota global é dun máximo de 5 sobre 10. Para que a nota do exame poida contar na avaliación global, deberá ser igual ou superior a 2.5 sobre 5.

2) Prácticas de laboratorio, metodoloxías integradas, resolución de problemas e exercicios e observación sistemática: este catro metodoloxías puntúan en conxunto 5 puntos sobre a nota global 10. Para que a nota deste grupo de metodoloxías compute na nota final, débese obter polo menos un 2.5 sobre 5 para o conxunto de metodoloxías. 

As datas dos exames, aprobadas en Xunta de Escola o 23
de xuño de 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 12 de xaneiro de
2015 ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 30 de xuño de
2015 ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 14 de outubro 2014 ás
10:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=57,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000