Educational guide 2013_14
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Mineralurxia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Terase en conta na avaliación da materia a asistencia ás prácticas de laboratorio e a implicación na súa realización. 10
Metodoloxías integradas O alumno deberá entregar o resultado do proxecto exposto e expolo publicamente. Avaliarase o rigor e a corrección do traballo escrito e a capacidade de síntese na presentación oral. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do curso, o alumno deberá resolver varios boletíns de problemas, que se traballan previamente na aula, e deberá presentalos para a súa avaliación 14
Probas de resposta curta A proba escrita consistirá na resolución de preguntas de resposta curta e de varios problemas. 50
Observación sistemática A asistencia a clase, a resolución de probas tipo test de avaliación continua durante o curso ou a asistencia a cursos alternativos puntuarase. 6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia consistirá en:

-asistencia a prácticas: a súa asistencia e a participación activa puntúa 1 punto sobre 10.

-presentación do proxecto nun informe escrito e mediante presentación oral; o seu peso na avaliación é de 2 puntos sobre 10. O traballo presentarase ao final da docencia da materia.

-boletíns de problemas. A entrega dos boletíns de problemas puntúa 1.4 sobre 10.

-probas de resposta curta. Realizarase un exame final que consistirá na resolución de preguntas curtas ou tipo test e na resolución de varios problemas exercitados na aula. A súa puntuación é de 5 puntos sobre 10

-o resto, 0.6 puntos sobre 10, corresponde á asistencia a clase e á avaliación continua a través de probas curtas tipo test ao longo do curso. Unha alternativa á resolución das probas curtas tipo test é a asistencia a un curso de manexo de fontes de información organizado polo servizo de formación da biblioteca da UVIGO, no caso de que este servizo oferte esta posibilidade.

Data do exame da convocatoria ordinaria: 14 de xaneiro 2014 (martes) ás 16:00 horas, na aula M-103

Data do exame da convocatoria extraordinaria: 1 de xullo 2014, ás 16:00 horas na aula M-108.

As datas de realización de exames son as aprobadas pola Xunta de centro para o curso académico 2013-2014 e pódense  consultar na seguinte ligazón: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=57,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000