Guia docente 2013_14
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Concentración de menas
   Contidos
Tema Subtema
Introdución á mineralurgia e a súa tecnoloxía - Sustancias minerais, minerais metálicos e non metálicos
- Métodos de procesamento mineral
- Custos do procesamento mineral
- Diagramas de fluxo
- Eficiencia das operacións de procesamento mineral: liberación, disolución e concentración.
- Introdución ás tecnoloxías de separación e enriquecemento: redución do tamaño, clasificación, concentración, flotación, separación magnética e electrostática.
Redución de tamaño. -Fragmentación dos sólidos e a súa finalidade
-Redución do tamaño por trituración. Tipos de maquinaria: machacadoras e trituradoras.
-Redución do tamaño por moenda. Tipos de maquinaria: muíños.
Clasificación - Clasificación directa: cribado. Tipos de superficies de cribado. Equipos industriais de cribado. Factores que condicionan o cribado. Rendemento e eficacia do cribado.
- Clasificación indirecta: principios da clasificación en fluídos. Tipos de clasificadores: clasificadores hidráulicos e de corrente horizontal.
Concentración - Concentración por gravidade: principios da concentración en lámina fluente. Equipamentos para a concentración por gravidade.
- Concentración no medio denso. Principios. Equipos separadores.
Flotación - Principios da flotación
- Reactivos para a flotación: tipos e principios de actuación.
Separación magnética - Fundamento da separación magnética. Minerais diamagnéticos e paramagnéticos.
- Sistemas de xeración de campos magnéticos. Equipamento.
Separación electrostática - Fundamentos, limitacións e equipamento
Operacións de desaguado - Sedimentación, centrifugación e filtración.
Balances de masas en plantas de tratamento - Balances de masas en plantas de tratamento
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000