Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Explotación sostible de recursos mineiros I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación de exercicios. Ao longo do curso, unha vez expostas e desenvolvidas no aula as ferramentas necesarias para abordar a resolución de exercicios, proporase un conxunto de exercicios para resolución autónoma e presencial por parte do estudante. A puntuación máxima é de 4 puntos. Requírese unha puntuación mínima de 1,6 puntos neste epígrafe.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Coñecer o ciclo mineiro de produción e a tecnoloxía dispoñible para executar as operacións que o conforman.
Dimensionar ciclos de produción convencionais e seleccionar os equipos de arranque, carga e transporte.
Deseñar o oco mineiro final dunha explotación para casos sinxelos.
40 C23
D5
D6
D8
Estudo de casos/análises de situacións Ao longo do curso proporase a resolución de 2 casos. A puntuación máxima correspondente a este epígrafe é 2 puntos.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Dominar a terminoloxía que se emprega na industria e tecnoloxía mineiras.
Interpretar e elaborar un plan de labores de unha mina a ceo aberto.
Coñecer os métodos de explotación en minería a ceo aberto convencionais e as súas características básicas.
Deseñar o oco mineiro final dunha explotación para casos sinxelos
20 D1
D2
D3
Sesión maxistral Avaliación dunha proba escrita. A puntuación máxima da proba é 4 puntos. Requírese unha puntuación mínima de 1.6 puntos neste epígrafe.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son: Dominar a terminoloxía que se emprega na industria e tecnoloxía mineiras.
Coñecer os aspectos básicos e determinantes da industria mineira e as súas características diferenciais e a situación actual do sector da minería no mundo, en España e na Comunidade Autónoma de Galicia.
Coñecer o ciclo mineiro de produción e a tecnoloxía dispoñible para executar as operacións que o conforman.
Explicar os conceptos básicos relativos aos explosivos e identificar as diferentes familias de sustancias explosivas e as súas características.
Explicar o funcionamento dos diferentes sistemas de iniciación de explosivos e súas características.
Coñecer os métodos de explotación en minería a ceo aberto convencionais e as súas características básicas.
40 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C23
C26
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Para sumar a puntuación obtida na avaliación da sesión maxistral, a resolución de problemas e o estudo de casos é necesario acadar a puntuación mínima requerida nos dous primeiros apartados. Estas condicións de avaliación continua e calificación son aplicables para a primeira convocatoria ordinaria de avaliación. 

Os estudantes que non acaden a puntuación mínima requerida nalgún dos epígrafes de avaliación de sesión maxistral ou resolución de problemas na primeira convocatoria ordinaria optarán ao sistema de avaliación da convocatoria extraordinaria de xullo. Neste caso avaliaránse nunha proba única escrita estes dous apartados, gardándose a puntuación obtida do epígrafe de estudo de casos, de houbela. A proba escrita terá unha puntuación máxima de 8 puntos e manteranse os criterios de puntuación e os mínimos requeridos dos epígrafes da sesión maxistral e resolución de problemas.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 12/09/2016

- Convocatoria ordinaria 1º período: 12/01/2017

- Convocatoria extraordinaria xullo: 26/06/2017

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=57

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000