Resolución de problemas e/ou exercicios |
Avaliación de exercicios. Ao longo do curso, unha vez expostas e desenvolvidas no aula as ferramentas necesarias para abordar a resolución de exercicios, proporase un conxunto de exercicios para resolución autónoma e presencial por parte do estudante. A puntuación máxima é de 4 puntos. Requírese unha puntuación mínima de 1,6 puntos neste epígrafe.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Coñecer o ciclo mineiro de produción e a tecnoloxía dispoñible para executar as operacións que o conforman.
Dimensionar ciclos de produción convencionais e seleccionar os equipos de arranque, carga e transporte.
Deseñar o oco mineiro final dunha explotación para casos sinxelos.
|
40 |
|
|
C23
|
D5 D6 D8
|
Estudo de casos/análises de situacións |
Ao longo do curso proporase a resolución de 2 casos. A puntuación máxima correspondente a este epígrafe é 2 puntos.
Os resultados de aprendizaxe que se avalían son:
Dominar a terminoloxía que se emprega na industria e tecnoloxía mineiras.
Interpretar e elaborar un plan de labores de unha mina a ceo aberto.
Coñecer os métodos de explotación en minería a ceo aberto convencionais e as súas características básicas.
Deseñar o oco mineiro final dunha explotación para casos sinxelos
|
20 |
|
|
|
D1 D2 D3
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
|
0 |
|
|
|
|
Estudo de casos/análise de situacións |
|
0 |
|
|
|
|
Para superar a materia é necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Para sumar a puntuación obtida na avaliación da sesión maxistral, a resolución de problemas e o estudo de casos é necesario acadar a puntuación mínima requerida nos dous primeiros apartados. Estas condicións de avaliación continua e calificación son aplicables para a primeira convocatoria de avaliación. Os estudantes que non acaden a puntuación mínima requerida nalgún dos epígrafes de avaliación de sesión maxistral ou resolución de problemas na primeira convocatoria optarán ao sistema de avaliación da segunda convocatoria. Neste caso avaliaránse nunha proba única escrita estes dous apartados, gardándose a puntuación obtida do epígrafe de estudo de casos, de houbela. A proba escrita terá unha puntuación máxima de 8 puntos e manteranse os criterios de puntuación e os mínimos requeridos dos epígrafes da sesión maxistral e resolución de problemas. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 16:00 – 1410/2015 - Convocatoria ordinaria 1º período: 16:00 – 12/01/2016 - Convocatoria extraordinaria xullo: 16:00 – 27/06/2016 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181 |