Na convocatoria ordinaria, a avaliación completa das prácticas de laboratorio require a asistencia ao laboratorio, a entrega dunha memoria grupal e a exposición e discusión en público dos principais resultados obtidos. Á súa vez, é obrigatoria a asistencia e resolución de exercicios/problemas propostos durante o curso para optar á cualificación total asociada a este epígrafe. En todo caso, a cualificación
final será a suma das notas dos traballos propostos durante o curso (ata o 30%) e do exame (ata
o 70%). En convocatorias posteriores do mesmo curso, o
exame puntuará o 85% da nota final e gardarase a nota obtida nas prácticas de laboratorio, ao considerarse a cualificación desta proba non recuperable. Aos alumnos que non cursen por primeira vez a materia gardaráselles,
durante un ano, a nota de prácticas de laboratorio anteriormente obtida. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 22/09/2017 - Convocatoria ordinaria 2º período: 30/05/2018 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 06/07/2018 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames |