Guia docente 2015_16
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Mecánica de solos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Exame escrito de cuestións de resposta curta. Exame escrito de resolución de problemas e/ou exercicios. Cada unha das partes do exame avalía un 35%.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe obxectivo da materia.
70 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C12
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas consistentes na resolución de problemas similares aos expostos ao longo do curso.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectivo da materia: Aplicar ao cálculo e deseño, os aspectos básicos das leis da elasticidade, elasto-plasticidade, fluxo de auga en medios continuos, consolidación e resistencia que rexen o comportamento dos solos e rocas. Deseño de muros de contención e cimentacións. Resolver problemas reais a partir de datos fornecidos polo profesor. Tomar decisións de deseño e resolver problemas en base aos coñecementos científicos adquiridos. Asimilación do concepto basee da mecánica de rocas e solos: o enxeñeiro non selecciona os materiais senón que debe aproveitar na mellor maneira posible o que o terreo lle dá (apego á Natureza), e a influencia da variabilidade dos parámetros de entrada nos resultados finais. Resolver problemas adecuándose ás especificidades de proxecto, amoldándose ás circunstancias concretas.
15 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C12
D1
D2
D3
D5
D6
D7
Prácticas de laboratorio Avaliación a través de informes/memorias de prácticas realizadas.
Mediante esta metodoloxía avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe obxectivo da materia: Capacidade de consultar a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes no ámbito da xeotecnia e a mecánica de solos e rocas. Caracterizar, clasificar e interpretar ensaios experimentais de resistencia e consolidación en solos rocas. Aplicación de técnicas básicas para o deseño de noiros e obras subterráneas en roca. Tomar decisións de deseño e resolver problemas en base aos coñecementos científicos adquiridos. Asimilación do concepto base da mecánica de rocas e solos: o enxeñeiro non selecciona os materiais senón que debe aproveitar na mellor maneira posible o que o terreo lle dá (apego á Natureza), e a influencia da variabilidade dos parámetros de entrada nos resultados finais. Resolver problemas adecuándose ás especificidades de proxecto, amoldándose ás circunstancias concretas.
15 B1
B2
B3
B5
B7
B8
C12
D1
D2
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira convocatoria, é necesario realizar e entregar
os traballos (resolución de exercicios/problemas e as memorias de prácticas de laboratorio)
propostos durante o curso. Neste caso, a cualificación a nota
final será a suma das notas dos traballos (ata o 30%) e do exame (ata
o 70%).

En convocatorias posteriores do mesmo curso, o
exame puntuará o 100% da nota final.

Aos alumnos que non cursen por primeira vez a materia gardaráselles,
durante un ano, a nota de prácticas anteriormente obtida.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 10:00 – 23/10/2015

- Convocatoria ordinaria 2º período: 10:00 – 27/05/2016

- Convocatoria extraordinaria Xullo: 10:00 – 08/07/2016

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000