Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Mecánica de solos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Mecánica de solos Código V09G310V01404
Titulacion
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría dos recursos naturais e medio ambiente
Coordinador/a
Araújo Fernández, María
Correo-e maraujo@uvigo.es
Profesorado
Araújo Fernández, María
Giráldez Pérez, Eduardo
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral Nesta materia preténdese que o alumno coñeza a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes no ámbito da xeotecnia e a mecánica de solos e rochas.
Os coñecementos a adquirir nesta materia vanse a centrar en comprender os aspectos básicos das leis da elasticidade, elasto-plasticidade, fluxo de auga en medios continuos, consolidación e resistencia que rexen o comportamento dos solos e rochas. Coñecer o proceso experimental de caracterización, clasificación e ensaios de resistencia e consolidación en solos e rochas. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para o deseño de muros de contención e cimentacións.
Estas nocións de carácter tanto teórico como práctico, deben permitir ao alumno resolver problemas reais e comprender que a tecnoloxía desenvolvida neste ámbito, aínda que se basea nos coñecementos científicos, ten como obxectivo primordial tomar decisións de deseño e resolver problemas nun contexto no que a variabilidade dos parámetros de entrada inflúen moi significativamente nos resultados, ao proxectarse as obras nun medio natural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000