Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.
O alumno poderá optar a unha avaliación final, previa xustificación das súas causas, que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia. Abrirase un prazo a principio de curso para solicitar a renuncia xustificada á avaliación continua. Dita solicitude entregarase en papel e asinada aos profesores da materia.
Durante o curso 2015/2016 gardarase a cualificación obtida con anterioridade nas prácticas de laboratorio (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso.
Así mesmo, durante o curso 2015/2016 gardarase a cualificación obtida no curso 2014-2015 nas probas de seguimento (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso.
Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua:
A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos das apartado “Metodoloxías” da guía docente) determinará a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do seguinte modo:
Cualificación das prácticas de laboratorio = K• (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)
Cualificación das probas de seguimento = K • (Suma das Cualificacións das probas de seguimento)/(Nº de probas de seguimento)
Onde K = (Nº de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)
A falta de entrega de informes de prácticas, por causa xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data distinta.
A falta de asistencia a unha proba de seguimento, por causa xustificada ou non, non suporá a realización da proba en data diferente. Calendario de exames: - Convocatoria Fin de Carreira: 10:00 – 05/10/2015 - Convocatoria ordinaria 1º período: 10:00 – 18/01/2016 - Convocatoria extraordinaria Xullo: 10:00 – 20/06/2016 Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181 |