Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Resistencia de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Valorarase a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización.

Só se terá en conta a cualificación derivada da entrega dos informes, se estes representan o 50% ou máis da totalidade.

Para que a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio sómese á alcanzada no exame, será necesario obter neste unha puntuación mínima de 4/10.

A cualificación das prácticas verase afectada co coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba para a avaliación das competencias adquiridas na materia, consistente na resolución por parte do alumno de problemas e/ou cuestións teóricas breves.

A duración da proba, así como o peso de cada cuestión, daranse a coñecer no momento de realización da mesma.
80
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Plantexaranse exercicios curtos e/ou tests conceptuais ao longo do curso nas horas de aula. A súa valoración será de 0 a 10 puntos.

Para que a cualificación obtida nestas probas sómese á alcanzada no exame, será necesario obter neste unha puntuación mínima de 4/10.

A cualificación desta actividade verase afectada co coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

O alumno poderá optar a unha avaliación final, previa xustificación das súas causas, que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia. Abrirase un prazo a principio de curso para solicitar a renuncia xustificada á avaliación continua. Dita solicitude entregarase en papel e asinada aos profesores da materia.


Durante o curso 2014/2015 gardarase a cualificación obtida con anterioridade nas prácticas de laboratorio (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso.



Así mesmo, durante o curso 2014/2015 gardarase a cualificación obtida no curso 2013-2014 nas probas de seguimento (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso.

Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua:

A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos das apartado “Metodoloxías” da guía docente) determinará a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do seguinte modo:


Cualificación das prácticas de laboratorio = K• (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)



Cualificación das probas de seguimento = K • (Suma das Cualificacións das probas de seguimento)/(Nº de probas de seguimento)


Onde K = (Nº de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)


A falta de entrega de informes de prácticas, por causa xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data distinta.

A falta de asistencia a unha proba de seguimento, por causa xustificada ou non, non suporá a realización da proba en data diferente.

As datas dos exames, aprobadas en Xunta de Escola o 23
de xuño de 2014 serán:

- convocatoria ordinaria 1er período: 16 de xaneiro de
2015 ás 10:00 horas

- convocatoria extraordinaria de Xullo: 22 de xuño de
2015 ás 10:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 6 de outubro 2014 ás
10:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000