Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10.
O alumno poderá optar a unha avaliación final, previa xustificación das súas causas, que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba valoraranse as competencias do conxunto da materia. Abrirase un prazo a principio de curso para solicitar a renuncia xustificada á avaliación continua. Dita solicitude entregarase en papel e asinada aos profesores da materia.
Durante o curso 2014/2015 gardarase a cualificación obtida con anterioridade nas prácticas de laboratorio (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso.
Así mesmo, durante o curso 2014/2015 gardarase a cualificación obtida no curso 2013-2014 nas probas de seguimento (10% da cualificación), para aqueles alumnos que así o soliciten no prazo que se fixará ao comezo de curso.
Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua:
A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos das apartado “Metodoloxías” da guía docente) determinará a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do seguinte modo:
Cualificación das prácticas de laboratorio = K• (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)
Cualificación das probas de seguimento = K • (Suma das Cualificacións das probas de seguimento)/(Nº de probas de seguimento)
Onde K = (Nº de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)
A falta de entrega de informes de prácticas, por causa xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data distinta.
A falta de asistencia a unha proba de seguimento, por causa xustificada ou non, non suporá a realización da proba en data diferente. As datas dos exames, aprobadas en Xunta de Escola o 23
de xuño de 2014 serán: - convocatoria ordinaria 1er período: 16 de xaneiro de
2015 ás 10:00 horas - convocatoria extraordinaria de Xullo: 22 de xuño de
2015 ás 10:00 horas - convocatoria fin de carreira: 6 de outubro 2014 ás
10:00 horas Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0 |