Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Electrotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Proba escrita (exame final).

Resultados da aprendizaxe:

Dominar a análise de circuítos eléctricos monofásicos e trifásicos en réxime permanente.

Coñecer o funcionamento dos sistemas eléctricos de potencia, actividades de xeración, transporte e distribución da enerxía eléctrica.

Coñecer os elementos dunha rede de distribución: liñas, cables e aparellaxe.

Coñecer o fundamento básico de funcionamento das máquinas eléctricas.

Coñecer os sistemas electrónicos de control de máquinas eléctricas.

Coñecer e dominar os aspectos básicos de deseño de instalacións de baixa tensión.

Coñecer a normativa aplicable aos sistemas eléctricos de alta tensión.
100 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C17
D1
D3
D5
D6
D7
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia supérase aprobando o exame final, cunha nota igual ou
superior a 5. Alternativamente, a partir dun 3,5 poderá superarse sempre
que haxa puntuación adicional conseguida na avaliación continua.

A avaliación continua non é de carácter obrigatorio. Os alumnos que o desexen poden asistir ás probas, que son:

1)
Dúas probas, que consisten na resolución dun exercicio similar aos
propostos nos grupos B cada unha. A nota media destas probas poderá
engadir 1 punto á nota final.

2) Entrega de memorias de prácticas de laboratorio dos grupos C, que poderán sumar ata 0,5 puntos á nota final.

Datas dos exames:

Convocatoria fin de carreira: 7/09/2016

Convocatoria ordinaria 1º período: 19/12/2016

Convocatoria extraordinaria de xullo: 14/06/2017

Esta información pode verificarse/consultarse de forma actualizada na páxina web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=57

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000