Guia docente 2014_15
E. T. S. de Ingeniería de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Matemáticas: Cálculo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación será preferentemente continua. O alumno, nas primeiras semanas de clase, entregará ó profesorado da materia un formulario para inscribirse neste tipo de avaliación. Unha vez expresado o seu desexo por escrito de non participar, xa non poderá darse de alta da avaliación continua. A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación e nas que o alumno resolverá, ao longo das 10 prácticas de laboratorio, problemas e exercicios dos temas que se indican nos seguintes puntos:
Catro sesións de problemas dunha hora:
Primeira sesión: Tema 1 (práctica da semana 2)
egunda sesión: Tema 3 (práctica da semana 5)
Terceira sesión: Tema 4 (práctica da semana 7)
Cuarta sesión: Tema 5 (práctica da semana 9)
Duas sesións de laboratorio de media hora:
Primeira sesión: Tema 2 (práctica da semana 3)
Segunda sesión: Tema 6 (práctica da semana 10)

Estas seis probas suman un 30% da nota tendo cada unha un peso dun 5%.
30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Esta proba é o exame final da avaliación continua, que se realizará unha vez rematadas as clases, cun peso do 70% da nota, nas data fixadas pola Xunta de Escola (que poden ser consultadas na páxina web do Centro). 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles alumnos que non participen na avaliación continua, poderanse presentar a un exame final de todos os temas da materia na mesma data que a do exame final da avaliación continua. Nesta outra modalidade serán avaliados de 0 a 10 puntos.

No día do exame de recuperación, fixado pola Xunta de Escola (que pode ser consultado na página web do Centro), os alumnos que elixiron avaliación continua, poden optar a un exame que representa o 70% da nota. En caso de non haber elixido esta opción, o exame de recuperación será de todos os temas da materia, e será avaliado de 0 a 10 puntos.

Finalmente, un alumno considerarase non presentado se non se presenta a ningunha das probas ou exames da materia. En caso contrario considérase presentado e polo tanto recibirá a nota que lle corresponda.

Datas de exames:

- convocatoria ordinaria 1er período: 14 de maio de
2015 ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 8 de xullo de
2015 ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 22 de outubro 2014 ás
18:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma
actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000