Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral En cada un dos parciais e nos exames oficiais, exporanse preguntas tipo test ou de resposta curta para avaliar as competencias adquiridas. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos adquiridos sobre a materia.

Resultados de aprendizaxe: Os alumnos serán capaces de comprender os aspectos básicos da química e como o coñecemento científico interacciona coa tecnoloxía. Así mesmo, deben ser capaces de avaliar a información procedente de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química
45 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D4
D5
D10
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.

Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe da materia
45 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D4
D5
D10
Prácticas de laboratorio Os alumnos deberán entregar as respostas aos problemas e cuestión expostos en cada práctica. Os alumnos deberán ser capaces de organizar, planificar e desenvolver o traballo en equipo, aceptando responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar. É imprescindible aprobar esta actividade para superar a materia.

Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe da materia
10 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D4
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Probas parciais:

Realizaranse dúas probas parciais con carácter eliminatorio respecto ás convocatorias oficiais. Cada unha delas cun peso relativo na cualificación final do 30%. Cada parcial constará de preguntas de resposta curta e de exercicios para resolver cun peso respectivo do 50%. Para sumar ambas as partes será necesario alcanzar, polo menos, un 45% da cualificación en cada unha delas.

Exame final 1ª convocatoria ordinaria: Incluirá os contidos non avaliados nas probas parciais, cun peso relativo na cualificación final do 30%; ademais cada alumno deberá repetir a avaliación dos contidos non superados de forma parcial.

Primeira edición da acta: Cando se aprobaran todas as probas parciais e o traballo de laboratorio, a nota será a suma de todas as cualificacións. Noutro caso, reflectirase unicamente a suma das cualificacións inferiores a 5,0 das probas parciais. Os contidos aprobados e a nota de laboratorio resérvanse para sumar á cualificación obtida na convocatoria extraordinaria.

Exame final convocatoria extraordinaria Xullo: O alumno deberá examinarse dos contidos non superados previamente.

Segunda edición da acta: A cualificación obtida na convocatoria extraordinaria, sumarase á dos parciais aprobados e do laboratorio.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 08/09/2017

- Convocatoria ordinaria 1º período: 15/01/2018

- Convocatoria extraordinaria xullo: 22/06/2018

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000