Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral En cada un dos parciais e nos exames oficiais, exporanse preguntas tipo test ou de resposta curta para avaliar as competencias adquiridas. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos adquiridos sobre a materia.

Resultados de aprendizaxe: Os alumnos serán capaces de comprender os aspectos básicos da química e como o coñecemento científico interacciona coa tecnoloxía. Así mesmo, deben ser capaces de avaliar a información procedente de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química
45 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D4
D5
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.

Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe da materia
45 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D4
D5
D10
Prácticas de laboratorio Os alumnos deberán ser capaces de organizar, planificar e desenvolver o traballo en equipo, aceptando responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar.

Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe da materia
10 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
D3
D4
D5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Probas parciais. Ao longo do curso realizaranse tres probas parciais con carácter eliminatorio respecto das convocatorias oficiais. Cada unha delas cun peso relativo do 10%, 20% e 30% respectivamente, na cualificación final. No exame final avaliaranse os temas non incluídos nos parciais anteriores (cun peso do 30%) e os que non se superaron previamente. Cada parcial constará dunha parte con preguntas de resposta curta e outra para a resolución de problemas ou exercicios cun peso respectivo do 50%. Para aprobar estes parciais será necesario alcanzar, polo menos, un 45% da cualificación en cada unha das partes.

Exame final 1ª convocatoria ordinaria: Os alumnos deberán resolver a parte correspondente aos contidos non avaliados nos parciais e, no seu caso, os contidos non superados nos parciais.

Primeira edición da acta. Será a suma de todas as cualificacións obtidas en todas as probas superadas, xunto coa do traballo de laboratorio. Cando esta suma sexa inferior a 5.0, reflectirase unicamente a suma das cualificacións inferiores a 5,0 das probas escritas. Manteranse as cualificacións do traballo de laboratorio e dos parciais aprobados previamente.

Exame final convocatoria de Xullo: O alumno deberá examinarse dos contidos non superados previamente.

Segunda edición da acta. Á cualificación obtida na convocatoria de xullo, sumaráselle a do traballo de laboratorio e a dos parciais aprobados previamente.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 09/09/2016

- Convocatoria ordinaria 1º período: 13/01/2017

- Convocatoria extraordinaria xullo: 23/06/2017

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=57

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000