Guia docente 2014_15
E. T. S. de Ingeniería de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 30
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 30
Probas de autoavaliación Probas nas que o alumno valora os seus logros en función dos obxectivos propostos e determina os factores que poden influír na súa actuación. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Calificación final:
A) A calificación final relativa aos tres controles (30% do total) realizados ao longo do curso, será a media aritmética das tres calificacións.
B) A calificación dos exámenes finais (60% do total) será a media aritmética da parte correspondente as preguntas tipo test ou de respuesta curta (30%) e da parte correspondente a resolución de exercicios (30%). Esta media se realizará só cando en ambas partes se supere o 30% do máximo asignado.
C) A calificación do traballo de laboratorio terá en conta, tanto as memorias presentadas polo alumno como a actitude e traballo realizado no laboratorio.
A nota final, na primeira edición da acta, será a suma das obtidas nos tres apartados anteriores sempre que se consiga una calificación maior ou igual a 5. Noutro caso reflictirase só a suma das calificacións A) + C), na espera de poder superar a asignatura co exáme correspondente a segunda edición.

Fechas de exámenes:

- convocatoria ordinaria 1er período: a de xaneiro de 2015 ás 16:00 horas

- convocatoria extraordinaria de xullo: 26 de xuño de 2015 ás 16:00 horas

- convocatoria fin de carreira: 10 de outubro de 2014 ás 16:00 horas

Esta información pode verificarse/consultarse de forma actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=181,0,0,1,0,0

 


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000