Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Matemáticas: Álxebra lineal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Tres probas parciais.
Resultados de aprendizaxe: Manexar as operacións básicas do cálculo matricial, coñecer os métodos numéricos para a resolución de sistemas de ecuacións lineais, coñecer os conceptos básicos relacionados cos espazos vectoriais e as aplicacións lineais, coñecer as propiedades dos espazos vectoriais con produto escalar, manexar algunhas aplicacións da álxebra lineal: axustes de mínimos cadrados, clasificacións de formas cadráticas
50 C1
D1
D4
D5
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase un exame global ao final do cuadrimestre.
Resultados de aprendizaxe: Manexar as operacións básicas do cálculo matricial, coñecer os métodos numéricos para a resolución de sistemas de ecuacións lineais, coñecer os conceptos básicos relacionados cos espazos vectoriais e as aplicacións lineais, coñecer as propiedades dos espazos vectoriais con produto escalar, manexar algunhas aplicacións da álxebra lineal: axustes de mínimos cadrados, clasificacións de formas cadráticas
50 C1
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota do exame final (NEF) puntuarase sobre 10. O alumno obtén
unha nota de avaliación continua sobre 5 puntos (NEC) resultado de sumar as notas do tres
probas realizadas durante o curso (a primeira vale 1 punto, a segunda 1,5 e a terceira 2,5). A nota final (NF) obtense mediante
a seguinte fórmula:

NF=NEC+(10-NEC)*NEF/10.

Para a
avaliación dos alumnos na convocatoria de xullo séguese a fórmula
anterior, cambiando NEF pola nota dun novo exame final (mantense a nota de avaliación continua).

Calendario
de exames:

-
Convocatoria Fin de Carreira: 08/09/2016

-
Convocatoria ordinaria 1º período: 16/01/2017

-
Convocatoria extraordinaria xullo: 16/06/2017

Esta información
pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web
do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?ide=57

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000