Con obxeto de facilitar unha avaliación continua durante o cuadrimestre faranse exames parciais voluntarios (con contidos das sesións maxistrais e das de resolución de exercicios) que de ser aprobadas liberan os contidos correspondentes no exame final escrito de primeira convocatoria. Outras probas voluntarias de teoría ou de problemas incrementan soamente a nota final si se acada un mínimo de 3.5 nos exames escritos. A asistencia ás sesións de Grupos B e Grupos C é obrigatoria, polo tanto a cualificación obtida na Memoria de Traballo de Seminario e na Memoria de Prácticas de Laboratorio pondérase de acordo coa asistencia. Na segunda convocatoria o exame escrito consta de 3 exercicios e 9 cuestións de resposta curta. Datas de exámenes: - convocatoria ordinaria 1er período: 16 de xaneiro de 2015 ás 16:00 horas - convocatoria extraordinaria de xullo: 22 de xuño de 2015 ás 16:00 horas - convocatoria fin de carreira: 6 de outubro de 2014 ás 16:00 horas Esta información pode verificarse/consultarse de forma actualizada na páxina web do centro: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=181,0,0,1,0,0 |