Guia docente 2013_14
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame escrito de 12 cuestións de resposta curta. 35
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de 3 exercicios. 35
Prácticas de laboratorio Memoria de Laboratorio 15
Seminarios Memoria de Traballo 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Con obxeto de facilitar unha avaliación continua durante o cuadrimestre faranse exames parciais voluntarios (con contidos das sesións maxistrais e das de resolución de exercicios) que de ser aprobadas liberan os contidos correspondentes no exame final escrito de primeira convocatoria. Outras probas voluntarias de teoría ou de problemas incrementan soamente a nota final si se acada un mínimo de 3.5 nos exames escritos. A asistencia as sesións de Grupos B e Grupos C é obrigatoria, polo tanto a cualificación obtida na Memoria de Traballo de Seminario e na Memoria de Prácticas de Laboratorio pondérase de acordo coa asistencia.

Na segunda convocatoria o exame escrito consta de 3 exercicios e 9 cuestións de resposta curta.

Datas, horario e lugar das probas
de avaliación (Aprobado en Xunta de Escola o 19 de Xuño do 2013):

  • Convocatoria Ordinaria 1º Período: 16 xaneiro (xoves) – 16:00 – Aulas
    M211 - M212
  • Convocatoria Extraordinaria: 23 xuño (luns) – 16:00 – Aula M211



As datas, horario e lugar das probas de avaliación
pódense consultar de forma actualizada na sección EXAMES da páxina web do
centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000