Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Física: Física I
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Titoría en grupo Tempo reservado por cada docente para atender e resolver as dúbidas do alumnado. A atención pode ser individual ou en grupos reducidos, de acordo co carácter da atención e ten lugar normalmente no despacho do/a docente ou na aula si é preciso. Nestas actividades o/a docente ten como función orientar e guiar o proceso de aprendizaxe do alumnado e axudalo a realizar con éxito o correspondente traballo autónomo. O profesorado indica nos primeiros días de clase o lugar, día e hora para esa atención personalizada e pode consultarse no apartado PROFESORADO da web do centro: http://etseminas.uvigo.es/
Seminarios En sesións específicas de seminario o profesorado realiza un seguimento do traballo de cada grupo aportando o material necesario para a súa realización cando o alumnado non o poida conseguir. A resolución de dúbidas realízase nesas sesións de seminario e máis no horario de titoría en grupo.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son realizadas en grupos baixo a supervisión do profesorado. A resolución de dúbidas realízase durante cada sesión de prácticas de laboratorio e, posteriormente, se o alumnado o require, durante o horario de titoría individualmente ou en grupo.
Resolución de problemas e/ou exercicios A resolución de dúbidas realízase durante as sesións de seminario e máis durante o horario de titoría individualmente.
Sesión maxistral A resolución de dúbidas realízase durante o horario de titorías individualmente ou en grupo.
Probas Descrición
Informes/memorias de prácticas Os informes de prácticas de laboratorio son realizados individualmente ou en grupo seguindo as indicacións do profesorado. A resolución de dúbidas realízase durante o horario da prácticas de laboratorio ou durante o horario de titorías.
Resolución de problemas e/ou exercicios A resolución de dúbidas realízase durante as sesións de seminario e máis durante o horario de titoría individualmente.
Probas de resposta curta A resolución de dúbidas realízase individualmente durante o horario de titorías.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000