Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Eficiencia enerxética: Sustentabilidade e certificación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Probas de preguntas tipo test a través da plataforma de teledocencia, ao longo do cuadrimestre.

Resultados previstos na materia:
Coñecer a base tecnolóxica sobre a que se apoian as investigacións máis recentes en aforro enerxético. Dominar os conceptos de Pegada de Carbono e Pegada Ecolóxica. Dominar as técnicas e programas de software de certificación enerxética que existen. Comprender os métodos de avaliación de Edificios Eficientes. Coñecer a normativa e os reglamentos que se aplican aos edificios e ás instalacións térmicas. Empregar os conceptos de Economía Circular e Edificación Sostible.
20 B1
B3
B5
C39
C40
C41
C47
D1
D2
D3
D5
Prácticas con apoio das TIC Informes de prácticas. A súa avaliación queda suxeita á asistencia ás sesións.

Resultados previstos na materia:
Dominar os conceptos de Pegada de Carbono e Pegada Ecolóxica. Dominar as técnicas e programas de software de certificación enerxética que existen. Comprender os métodos de avaliación de Edificios Eficientes. Coñecer a normativa e os reglamentos que se aplican aos edificios e ás instalacións térmicas. Empregar os conceptos de Economía Circular e Edificación Sostible.
10 B1
B3
B5
C39
C40
C41
C47
D1
D2
D3
D5
Traballo tutelado Realización de traballo/proxecto de certificación enerxética e sustentabilidade.

Resultados previstos na materia:
Dominar as técnicas e programas de software de certificación enerxética que existen. Comprender os métodos de avaliación de Edificios Eficientes. Coñecer a normativa e os reglamentos que se aplican aos edificios e ás instalacións térmicas. Empregar os conceptos de Economía Circular e Edificación Sostible. Proxectar un sistema de aforro enerxético mediante a integración de procesos e tecnoloxías.
40 B1
B3
B5
C39
C40
C41
C47
D1
D2
D3
D5
Presentación Exposición oral do traballo tutelado que se realizará en horas de clase a derradeira semana do cuadrimestre.

Resultados previstos na materia:
Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe.
10 B1
B3
B5
C39
C40
C41
C47
D1
D2
D3
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita de preguntas obxectivas, a realizar na data de exame oficial.
Resultados previstos na materia: avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe.
20 B1
B3
B5
C39
C40
C41
C47
D1
D2
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua - primeira oportunidade:

O alumnado será avaliado segundo os baremos recollidos na táboa superior. Para superar a materia, deberase obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos ítems avaliables.

Avaliación continua - Segunda oportunidade:

Conservarase a nota das probas e traballos realizados durante a primeira oportunidade. O alumnado deberá facer entrega daqueles traballos e informes de prácticas que non entregase na primeira oportunidade. Aquel alumnado que o solicite, poderá volver ser avaliado das probas de preguntas tipo test e/ou da proba de preguntas obxectivas, que se realizarán na data de exame oficial da segunda oportunidade. Para superar a materia, deberase obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 en cada un dos ítems avaliables.

Avaliación global (primeira e segunda oportunidade):

Aquel alumnado que renuncie á avaliación continua, avaliarase como sigue:

- Traballo tutelado: 50% da nota. Terá que ser entregado antes da data oficial de exame. O alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 (2,5 sobre 5) para aprobar a materia.

- Proba de preguntas tipo test e de desenvolvemento: 50% da nota. O alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 (2,5 sobre 5) para aprobar a materia.


Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro (http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000