Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Enerxías alternativas fluidodinámicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Realización de traballos de análise e estudo de casos segundo as temáticas propostas polo profesorado.
Avaliación de informes e/ou presentacións que recollan o traballo realizado.
Nesta metodoloxía trabállanse todolos resultados previstos na materia
35 B1
B2
B3
B4
B5
D1
Prácticas de laboratorio Realización de práctica de laboratorio.
Avaliación dos informes das actividades realizadas nas sesións de laboratorio.
Nesta metodoloxía trabállanse todolos resultados previstos na materia
25 B3
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita que poderá constar de:
- Cuestións teóricas
- Cuestións prácticas
- Resolución de exercicios/problemas
- Tema a desenvolver
Nesta metodoloxía trabállanse todolos resultados previstos na materia
40 B1
B3
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira Oportunidade: 
  • Avaliación continua:
A avaliación constará de tres apartados:
- Estudo de casos (35% do total da materia): realización de traballos propostos polo profesorado en temáticas relacionadas coa materia. Levarase a cabo ao longo de todo o cuadrimestre. Avaliaranse os informes ou presentacións realizadas polo alumnado.
- Prácticas de laboratorio (25% do total da materia): realización das prácticas e dos informes de actividades correspondentes. Levarase a cabo ao longo de todo o cuadrimestre. Avaliaranse os informes entregados polo estudantado.
- Exame (40% do total da materia): proba escrita que se levará a cabo no día oficial fixado pola Escola.

Para superar a materia será necesario acadar un mínimo de 2 sobre 10 puntos no apartado "Exame" e acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.

  • Avaliación Global:

- Exame (100% do total da materia): proba escrita que se levará a cabo no día oficial fixado pola Escola.

Para superar a materia será necesario acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.

Por defecto, a avaliación será na modalidade de Avaliación Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliación todo o alumnado que o desexe e o faga no prazo e forma fixado polo profesorado ao inicio do cuadrimestre (tras un mes desde o inicio do curso, como se indica na normativa do centro). Trala renuncia, o profesorado comunicaralle ao/a alumno/a o seu cambio á modalidade de Avaliación Global.

____________________________________________________________________________________


Segunda Oportunidade: 
  • Avaliación continua:

A avaliación constará dos mesmos apartados considerados na convocatoria de Primeira Oportunidade:

Estudo de casos (35% do total da materia)

Prácticas de laboratorio (25% do total da materia)

Exame (40% do total da materia)

O alumnado que continue na modalidade de Avaliación Continua, conservará a nota acadada ao longo do cuadrimestre nos apartados "Estudos de casos" e "Prácticas de laboratorio". O Exame levarase a cabo na data oficial fixada pola Escola.

Para superar a materia será necesario acadar un mínimo de 2 sobre 10 puntos no apartado "Exame" e acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.

  • Avaliación Global:

Exame (100% do total da materia): proba escrita que se levará a cabo no día oficial fixado pola Escola.

Para superar a materia será necesario acadar 5 puntos sobre 10 na nota total da materia.

O alumnado que cursara a materia na modalidade de avaliación continua, e que así o solicite na forma e prazo especificado polo profesorado, poderá concorrer á Convocatoria de Segunda Oportunidade na modalidade de Avaliación Global.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000