Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Tecnoloxía de combustibles alternativos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O persoal docente introduce a formulación teórica da práctica, o problema a resolver e os pasos que deben realizarse para abordalo. Ademais, levará a cabo algúns pasos a modo demostrativo, aínda que deixará ao estudantado que traten de resolver partes concretas, cuxa solución mostrará tras un tempo, para proseguir cos seguintes pasos até finalizar a práctica.
Traballo tutelado O persoal docente expón un proxecto e os seus principais obxectivos e o grupo de estudantes debe tratar de abordalo en varias sesións. As solucións enviaranse ao profesorado para a súa posterior avaliación. En concreto, na materia exponse un proxecto final que o estudantado ten que abordar cos coñecementos adquiridos durante o proceso de aprendizaxe.
Simulación O persoal docente indica ao grupo de estudantes o proceso de produción do biocombustible seleccionado que se deseñará en varias sesións. O manexo do software científico abordarase nunha sesión teórica e as diferentes cuestións tecnolóxicas resolveranse en titorías solicitadas polos grupos de traballo. O proxecto final deféndese nunha exposición oral e a avaliación realizarase seguindo unha rúbrica proposta con antelación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000