Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Sistemas eléctricos de potencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Tras cada clase práctica o alumnado debe entregar no prazo establecido unha memoria coa resolución do caso práctico exposto.

Resultados previstos na materia:
Dominar as técnicas para a análise de sistemas eléctricos de potencia en réxime estacionario.
Coñecer a normativa e os principios da operación nos sistemas eléctricos
Coñecer os elementos que constitúen as redes eléctricas.
Comprender os procesos de regulación nas redes eléctricas
Adquirir habilidades sobre a análise de sistemas eléctricos en réxime estacionario.
Adquirir habilidades sobre a análise de sistemas eléctricos en réxime dinámico.
Comprender os aspectos básicos da operación óptima da xeración e as perdas no sistema eléctrico
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
C22
C23
D1
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Realízanse dúas probas con preguntas teóricas e exercicios prácticos de desenvolvemento, unha durante o cuadrimestre e outra na data do exame oficial prevista no calendario do centro. Cada proba ten un peso do 40% da nota total.
É necesario obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 en cada unha das probas. De non acadarse este mínimo, a nota final será como máximo de 4,5.

Resultados previstos na materia:
Dominar as técnicas para a análise de sistemas eléctricos de potencia en réxime estacionario.
Coñecer a normativa e os principios da operación nos sistemas eléctricos
Coñecer os elementos que constitúen as redes eléctricas.
Comprender os procesos de regulación nas redes eléctricas
Adquirir habilidades sobre a análise de sistemas eléctricos en réxime estacionario.
Adquirir habilidades sobre a análise de sistemas eléctricos en réxime dinámico.
Comprender os aspectos básicos da operación óptima da xeración e as perdas no sistema eléctrico
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
C22
C23
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua realizarase a partir da suma das cualificacións obtidas nas metodoloxías antes mencionadas.

CONSIDERACIÓNS DE SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado realizará un exame con cuestións teóricas e exercicios prácticos de desenvolvemento que lle permitirán acadar o 100% da nota.
CONSIDERACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL
O alumnado que renuncie á avaliación continua realizará un exame sobre todo o contido da materia, que lle permitirá acadar o 100% da nota total.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000