Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Recursos, instalacións e centrais hidráulicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Entrega dun informe/cuestionario e/ou realización dunha proba oral de
polo menos dúas prácticas experimentais/TIC ao longo do curso.
RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos dos fundamentos das máquinas de fluído.
Adquirir habilidades sobre o proceso de dimensionado de instalacións hidráulicas.
10 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B4
B5
C20
C21
C23
D5
Resolución de problemas Trátase de dúas probas de avaliación continua que se realizarán ao longo
do curso escolar. Consistirán en exercicios escritos/probas de resolución de problemas. Cada un terá un peso do 12,5% da nota total. Consulta a
metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a
avaliación".
RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos dos fundamentos das máquinas de fluído.
Adquirir habilidades sobre o proceso de dimensionado de instalacións hidráulicas.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C20
C21
C23
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá en dúas probas escritas que poderán consistir en: cuestións
teóricas/prácticas que inclúan resolución de exercicios e problemas e/ou
tema a desenvolver. Cada proba representará o 12,5% da nota total.
Para máis información, consulta a metodoloxía detallada no apartado
"outros comentarios sobre a avaliación".

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos dos fundamentos das máquinas de fluído.
Adquirir habilidades sobre o proceso de dimensionado de instalacións hidráulicas.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C20
C21
C23
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba coincidirá co exame oficial establecido no calendario do
centro. Consistirá nunha proba escrita para a resolución de
exercicios/problemas. Consulta metodoloxía detallada no apartado
"outros comentarios sobre a avaliación".
NESTA MEDODOLOXÍA TRABÁLLANSE TODOS OS RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C20
C21
C23
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A/O alumna/o poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua) dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola, e en calquera caso de acordo á normativa vixente.

O problema da elección polo alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou outra, de acordo cos pesos máximos estipulados, maniféstase de forma máis dramática no caso de dous estudantes que realizan o exame/reválida final e, obtendo exactamente a mesma cualificación nel (por exemplo, un 6), un/unha aproba por ter elixido a avaliación global e o outro/a suspende por ter elixido a avaliación continua e obter só un 4.2 sobre 10 na media das probas de avaliación continua.

Para mitigar esta contradición derivada da aplicación da normativa no caso de optar por facer unha proba final de reválida, nesta materia calcularanse para cada estudante en modalidade de avaliación continua, dúas notas e asignaráselle a máis alta das dúas.

Modalidade Avaliación Continua

No cálculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que terán os seguintes pesos:

· Primeira proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

· Segunda proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

· Proba final de avaliación continua (reválida), peso: 40%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

· Prácticas, peso: 10%. Entrega dunha memoria/informe/cuestionario e/ou realización de proba oral de a lo menos dúas prácticas experimentais/TIC a realizar ao longo do curso.

No espírito do parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante a seguinte fórmula:

Nota-Actas = máx {0.6 NC + 0.4 NF, NF + (1/20)NC(10 - NF)}

onde NC é a media ponderada das probas de avaliación continua e as prácticas (no rango de 0 a 10) e NF é a nota do exame final de reválida (tamén sobre 10).

Modalidade Avaliación Global

Farase un exame final na data oficial aprobada en xunta de escola, puntuación máxima: 100%

Segunda oportunidade

Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto, gárdase a nota das probas parciais e de prácticas.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000