Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Instalacións eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Durante o cuadrimestre realizaranse dous exames para avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos -tanto nas clases teóricas como nos casos prácticos descritos nelas- sobre os aspectos básicos da materia. Cada un deles valerá o 40% da nota final, sendo necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada un deles para superar a materia. Polo tanto, avaliaranse todos os resultados previstos na materia. 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
C22
C23
C28
C30
C32
C33
D1
D2
D3
Prácticas de laboratorio As cuestións relacionadas coas prácticas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre formularanse nunha proba independente, cuxo valor será de 2 puntos sobre a nota final da materia. Dita proba poderá ser substituída, se é o caso e sempre co visto e prace do profesorado, por outro tipo de avaliación como a entrega de informes, un exame práctico sobre a súa montaxe, a entrega dun proxecto, etc. Polo tanto, avaliaranse todos os resutados previstos na materia. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
C22
C23
C28
C30
C32
C33
D1
D2
D3
Saídas de estudo Na proba correspondente ás prácticas da materia poderá suscitarse algunha cuestión relacionada con dita saída polo que non se especifica unha porcentaxe concreta para a avaliación da devandita metodoloxía, senón que se incluiría na anterior. Así, avalíanse todos os resultados previstos na materia. 0
Seminario A avaliación da materia impartida neles incluirase nas probas correspondentes ás clases expositivas e, polo tanto, non se especifica unha porcentaxe específica para a avaliación da devandita metodoloxía. Polo tanto, avaliaranse todos os resultados previstos na materia. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación
continua primeira oportunidade

 A segunda proba, cun peso do 40% da nota final, coincidirá
coa data oficial do exame de primeira oportunidade que estableza o centro.

 Segunda
oportunidade de avaliación continua

 O alumnado que optase pola Avaliación Continua e non superase
ningunha das probas terá a posibilidade de repetilas o día oficial do exame,
conservando as notas das xa superadas e tamén as mínimas necesarias en cada
unha delas.

 Avaliación
global

 O alumnado que opte pola modalidade de Avaliación Global será
avaliado no 100% da materia nun único exame que se celebrará o día oficial
sinalado pola Dirección da EME, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

A documentación correspondente á materia explicada en clase poderá
estar dispoñible en calquera momento na plataforma Moovi, entendéndose esta
como documentación de apoio e, polo tanto, os exames non están necesariamente
vinculados a dita documentación.

 Calendario de exames. Verificar/consultar información actualizada
na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000