Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Tecnoloxía electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas de laboratorio:

As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Preparación previa das prácticas
- Aproveitamento da sesión

Os enunciados das prácticas estarán a disposición do alumnado con antelación.
Avaliarase a preparación previa da práctica a través de actividades puntuables previas á sesión presencial.
O rematar a sesión de laboratorio, os/as estudantes encherán un conxunto de follas de resultados, que entregarán á finalización da mesma. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento.

Mediante esta metodoloxía avalíanse os resultados previstos na materia seguintes:
Coñecer o funcionamento básico dos dispositivos electrónicos.
Seleccionar e utilizar ferramentas informáticas para a análise, visualización e almacenamento do valor das variables
30 A1
A2
A4
A5
B1
C16
C45
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas de resolución de problemas e/ou preguntas de desenvolvemento que se realizan ao longo do cuadrimestre no que se avalían os contidos teóricos da materia.
Consistirán na realización individual de probas obxectivas referidas a un conxunto de temas da materia.

Mediante esta metodoloxía avalíanse os resultados previstos na materia seguintes seguintes:
Coñecer o funcionamento básico dos dispositivos electrónicos.
Coñecer o funcionamento de circuítos dixitais básicos.
Coñecer as estruturas dos sistemas de adquisición de datos.
Comprender os aspectos básicos dos distintos tipos de sensores e as súas aplicacións.
Coñecer a estrutura dos convertidores electrónicos de potencia básicos
70 A1
A2
A3
A4
A5
B1
C16
C44
C45
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.   
Avaliación continua

 Primeira oportunidade:

 A avaliación continua realizarase ao longo do
cuadrimestre e terá unha parte de avaliación de contidos teóricos (70% de nota
final) e outra das prácticas de laboratorio (30% da nota final).

 A parte teórica da materia avalíase mediante tres exames
parciais que se realizarán dentro do horario asignado ás aulas lectivas das
materias. O peso de cada exame é do 23.3% da nota final. A nota de teoría (T)
obterase da media das notas dos tres exames parciais.

 Respecto a as prácticas de laboratorio, o alumnado será
avaliado en todas as sesións de prácticas e obterá unha nota por cada práctica.
As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. A nota de laboratorio (L)
obterase da media das notas das prácticas. A cualificación L obtida en
prácticas conservarase durante dous cursos académicos se o estudante non
superase a materia no curso actual.

 A cualificación de avaliación continua (C) calcularase como:

 C = 0,7 x T + 0,3 x L

 Para superar a materia por avaliación continua, tanto L
como C teñen que ser maior ou igual a 5 puntos sobre 10. No caso de que L sexa
inferior a 5, a cualificación máxima de avaliación continua (C) será 4.5.

 O alumnado que non superase a avaliación continua durante
o cuadrimestre, poderá recuperar a parte teórica na data establecida pola
Xefatura de Estudos para o exame final de primeira oportunidade. Neste caso o
alumnado realizará un exame que versará sobre todos os contidos teóricos da
materia. A nota obtida neste exame substituirá a T obtida durante as
avaliacións parciais do cuadrimestre.

 Segunda oportunidade:

 O alumnado que non superase a avaliación continua na
primeira oportunidade poderá realizar un exame de todos os contidos teóricos da
materia na data prevista para os exames de segunda oportunidade. A nota obtida
neste exame substituirá a T obtida na primeira oportunidade.

 A cualificación de avaliación continua (C) calcularase da
mesma forma que na primeira oportunidade:

C = 0,7 x T + 0,3 x L

 2.- Avaliación global

 O alumnado que queira optar polo método de avaliación
global deberá solicitalo mediante correo electrónico ao profesorado responsable
da materia nun prazo máximo dun mes antes da finalización do cuadrimestre.

 Quen opte por avaliación global tamén terá dúas
oportunidades de avaliación, primeira e segunda oportunidade. En ambos os casos
a avaliación consistirá en dous exames, un da parte teórica da materia cun peso
de 70% e outro da parte práctica de laboratorio cun peso do 30%.

 O exame teórico será unha proba escrita cunha duración de
dúas horas e a de laboratorio terá unha duración dunha hora e realizarase no
laboratorio de prácticas asignado á materia.

 Para superar a materia mediante avaliación global, será
necesario obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10, tanto na proba escrita como
na proba de laboratorio.

 Calendario de exames: pueden consultarse en la página web del centro

http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000