Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Circuitos e máquinas eléctricas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Mediante a resolución de exercicios similares aos explicados durante as sesións maxistrais. Realizaranse tres probas parciais escritas, cada unha cun peso do 10% da cualificación total, sobre circuitos monofásicos, circuitos trifásicos e máquinas eléctricas.
Ademais, realizarase un exame na data oficial establecida no calendario da escola onde se incluirán contidos de toda a materia e que suporá o 40% da cualificación total.
Resultados previstos na materia:
Dominar a análise de circuítos eléctricos monofásicos e trifásicos en réxime estacionario
Coñecer o fundamento básico do funcionamento das máquinas eléctricas
Coñecer os sistemas eléctrónicos de control de máquinas eléctricas
Coñecer e dominar os aspectos básicos do deseño de instalacións de baixa tensión
Coñecer a normativa aplicable aos sistemas eléctricos de alta tensión
70 A1
A3
B5
C16
D1
D2
D3
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a asistencia ás prácticas e a presentación das memorias de resolución das actividades expostas. Para superar esta parte é necesario asistir ao 75% das horas asignadas.
Resultados previstos na materia:
Coñecer o funcionamento dos sistemas eléctricos de potencia, actividades de xeración, transporte, almacenamento e distribución da enerxía eléctrica
Coñecer os elementos dunha rede de distribución: liñas, cables e aparamenta
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
C16
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA

A nota final do alumnado que opta á avaliación continua obtense da suma das cualificacións obtidas nas probas parciais, o exame final e as prácticas co apoio das TIC.

CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que renuncie á avaliación continua terá a opción de realizar un exame final no que poderá obter o 100% da nota.

Neste caso, os alumnos realizarán dúas probas:

- Exame final: suporá o 70% da nota

- Proba correspondente a prácticas co apoio das TIC: suporá un 30%. Esta proba poderá substituírse pola entrega da acta de prácticas, no caso de alumnos que asistan polo menos ao 75% das prácticas.

CONSIDERACIONES DE SEGUNDA OPORTUNIDADE

Mantéñense as condicións establecidas para a primeira oportunidade.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000