Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Matemáticas: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Traballo autónomo de tratamento de bases de datos utilizando software desenvolvido nas prácticas. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Estatística e do manexo de datos.
Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con fenómenos aleatorios. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de control de procesos e fiabilidade de compoñentes. Afondar nas técnicas de modelización de fenómenos aleatorios e predición de variables. Adquirir habilidades no uso de programas informáticos con aplicación en enxeñaría. Adquirir habilidades sobre o proceso de análise de datos espaciais.
60 A2
A3
A4
A5
B1
B4
B5
C3
D2
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos da Estatística e do manexo de datos. Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa con fenómenos aleatorios. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de control de procesos e fiabilidade de compoñentes. Afondar nas técnicas de modelización de fenómenos aleatorios e predición de variables. Adquirir habilidades no uso de programas informáticos con aplicación en enxeñaría. Adquirir habilidades sobre o proceso de análise de datos espaciais. 40 A1
A2
A3
A5
B1
B3
B5
C8
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade:

Sistema de avaliación continua:

Prácticas de laboratorio: Ao longo do cuadrimestre realizaranse cinco probas cun peso
de 12% cada unha.

Exame de exercicios: 40% da cualificación final. Deberá
alcanzarse unha nota mínima de 3.5 sobre 10.

Sistema de avaliación global:

Resolución de caso práctico: 40% da cualificación final.
Deberá alcanzarse unha nota mínima de 3.5 sobre 10.

Exame de exercicios: 60% da cualificación final. Deberá
alcanzarse unha nota mínima de 3.5 sobre 10.

 

Segunda
oportunidade:

Mesmo sistema de
avaliación que na primeira oportunidade.

Mantéñense as
cualificacións das prácticas de laboratorio obtidas na primeira oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000