Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame escrito de 12 cuestións de resposta curta. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos do Electromagnetismo. Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios do Electromagnetismo. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse una opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados co Electromagnetismo. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
Resolución de problemas Exame escrito de 3 exercicios. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos do Electromagnetismo. Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios do Electromagnetismo. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse una opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados co Electromagnetismo. Comprender que o coñecemento científico xurde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
Prácticas de laboratorio Memoria de Laboratorio. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos do Electromagnetismo. Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios do Electromagnetismo. Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa co Electromagnetismo. Comprender que o coñecemento científico xurde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
Seminario Memoria de Traballo. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios do Electromagnetismo. Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa co Electromagnetismo. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados co electromagnetismo. Comprender que o coñecemento científico xurde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- Propóñense dúas oportunidades de Avaliación Continua (AC):

a) Primeira oportunidade AC (ao final do cuadrimestre). Con obxecto de facilitar unha avaliación continua durante o
cuadrimestre faranse dous exames parciais voluntarios (con contidos das sesións
maxistrais de Teoría (T) e das de resolución de exercicios/Problemas (P)), que
de ser aprobados liberan os contidos correspondentes no exame final escrito da Primeira Oportunidade. Para
superar estes exames parciais voluntarios é necesario obter unha nota mínima de
3,50 nas probas escritas (T e P) e unha media (0.5*(T+P)) igual ou superior a 5. Cada
exame parcial voluntario supón un 70/3 % da nota da materia. Outras Probas Voluntarias de Teoría, semanais,(PVT) ou de
Problemas (PVP), mensuais, incrementan soamente a nota final si se acada unha
nota media mínima de 3,50 nos exames escritos (T e P). A asistencia ás sesións
de Grupos B (SB) e Grupos C (SC) é obrigatoria, polo tanto a cualificación
obtida na Memoria de Traballo de Seminario/Proxecto de Física (PF) e na Memoria
de Prácticas de Laboratorio (L) pondérase de acordo coa asistencia
correspondente. Poden incrementar a súa nota si se realizan as Probas
Voluntarias de Laboratorio (PVL).

b) Segunda
oportunidade AC (xullo). Mantense os valores obtidos anteriormente nos seguintes
avaliables: PVT, PVP, PVL, SB, SC, PF e L. O exame escrito consta agora de 3
exercicios e 9 preguntas de resposta curta e asume no seu conxunto, como na
Primeira oportunidade AC, 70% da nota final.

En
ambas oportunidades AC a Nota Final obtense mediante a seguinte fórmula:

Nota Final =
Nota A + Nota B + Nota C

Nota A = [(T +PVT) + (P + PVP)] * 0,35

Nota B = (L + PVL) * SB * 0,15 

 Nota C = (PF +PVL) * SC * 0,15

T1, T2, T3:
nota de Teoría dos bloques 1 (Óptica), 2 (Campo Eléctrico) e 3 (Campo Magnético), respectivamente

P1, P2, P3:
notade Problemas dos bloques 1 (Óptica), 2 (Campo Eléctrico) e 3 (Campo Magnético),
respectivamente

T: media das notas
de teoría

P: media das notas
de problemas

T + PVT:
engádese a nota das PVT se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos

P + PVP:
engádese a nota das PVP se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos

L: nota media
das 5 prácticas de laboratorio

SB: asistencia
ás sesións B (SB = nº de sesións asistidas/5)

L + PVL:
engádese a nota das PVL se L iguala ou supera os 3,50 puntos

PF: nota do Proxecto
de Física

SC: asistencia
ás sesións C (SC = nº de sesións asistidas/3)

PF + PVL: engádese
a nota das PVL se PF iguala ou supera os 3,50 puntos


O alumnado dispón na Telemateria de MooVi dun simulador de cálculo de
cualificacións.



2.-Avaliación Global (AG):

Aquel alumnado que
non poida cumprir co método de avaliación continua (AC) descrito poderá acollerse en prazo a
unha avaliación única global, entendendo por tal a que se realiza nun só acto
académico, a cal poderá incluír cantas probas sexan necesarias para acreditar
que o estudantado adquiriu a totalidade das competencias descritas na presente
Guía Docente.

Calendario de exames.
Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:


http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000