Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio O alumnado entregará as respostas ás cuestións expostas en cada práctica. O estudantado deberá ser capaz de organizar, planificar e desenvolver traballo en equipo, aceptando as responsabilidades propias do traballo multilingüe e multidisciplinar. Resultados previstos na materia: Comprender os aspectos básicos da química. Saber avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lle permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química. 10 A3
B3
B4
C5
Estudo de casos O alumnado desenvolverá diferentes casos prácticos onde comproben a utilidade real dos conceptos teóricos tratados nas clases maxistrais
Os casos prácticos desenvolveranse en grupo e o estudantado deberá entregar os casos unha semana despois de rematar a sesión guiada polo profesorado.
Resultados previstos na materia: Comprender os aspectos básicos da química. Saber avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lle permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química.
10 A4
A5
B3
B4
B5
C5
D5
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba global de respostas curtas para a avaliación das competencias adquiridas na materia na data do examen oficial. Resultados previstos na materia: Comprender os aspectos básicos da química. Saber avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lle permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química. 20 A1
A2
B3
C5
Resolución de problemas e/ou exercicios Exponse ao alumnado unha serie de problemas onde se aplicarán os conceptos teóricos tratados durante o desenvolvemento da materia que se realizará na data do exame oficial. Resultados previstos na materia: Comprender os aspectos básicos da química. Comprender que o coñecemento científico interactúa coa tecnoloxía, segundo as características e necesidades da sociedade en cada momento. 20 A4
A5
D5
Autoavaliación Ao finalizar cada bloque de temas o profesorado realizará probas escritas onde o alumnado poderá analizar o grao de consecución dos obxectivos parciais. Resultados previstos na materia: Comprender os aspectos básicos da química. 40 A5
B5
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- Consideracións sobre a avaliación continua:
O alumnado poderá renunciar ao sistema de avaliación continua no prazo fixado o día de presentación da materia. Debese sacar un mínimo de 5 sobre 10 en cada un dos aspectos avaliados.

2.- Consideracións sobre a segunda oportunidade.
A cualificación basearase unicamente na avaliación dun exame final, que poderá incluir preguntas correspondentes ás prácticas de laboratorio e os casos prácticos. Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10.

3.- Consideracións sobre a avaliación global. O alumnado deberá acadar un mínimo do 50% da nota máxima para superar a materia en todas as metodoloxías de avaliación consideradas (prácticas de laboratorio, casos prácticos, probas de autoavaliación e exame de preguntas obxectivas e resolución de problemas). O alumnado que renunciase á avaliación continua deberán realizar un único exame na data oficialmente establecida no calendario da EME onde se avaliarán os contidos tratados en todas as metodoloxías mencionadas.

Calendario de exames. Consulta/consulta actualizacións na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000