Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exame escrito de 12 cuestións de resposta curta. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos da Mecánica, os campos e as ondas. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica, os campos e as ondas. Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
Resolución de problemas Exame escrito de 3 exercicios. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica, os campos e as ondas. Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica, os campos e as ondas. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica, os campos e as ondas.
Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico.
35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
Prácticas de laboratorio Memoria de Laboratorio. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Comprender os aspectos básicos da Mecánica, os campos e as ondas. Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica, os campos e as ondas. Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa coa Mecánica, os campos e as ondas. Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
Seminario Memoria de Traballo. RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica, os campos e as Ondas. Coñecer o proceso experimental utilizado cando se traballa coa Mecánica, os campos e as Ondas. Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica, os campos e as ondas. Comprender que o coñecemento científico xorde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da sociedade en cada momento histórico. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Propóñense dúas oportunidades de Avaliación Continua (AC):

Primeira oportunidade
AC (ao final do cuadrimestre). Con obxecto de facilitar unha
avaliación continua durante o cuadrimestre faranse dous exames parciais
voluntarios (con contidos das sesións maxistrais de Teoría (T) e das de
resolución de exercicios/Problemas (P)), que de seren aprobados liberan os
contidos correspondentes no exame final escrito da primeira oportunidade AC.
Para superar estes exames parciais voluntarios é necesario obter unha nota
mínima de 3,50 nas probas escritas (T e P) e unha media (0.5*(T+P)) igual ou superior a 5. Cada
exame parcial voluntario supón o 23.33% (70%/3) da nota da materia. Outras
Probas Voluntarias de Teoría (PVT) semanais e de Problemas (PVP) mensuais, avaliadas
entre 0 e 1 punto, incrementan a nota final de acadarse unha nota media mínima de
3,50 nos exames escritos (T e P). A asistencia ás sesións de Grupos B (SB) e Grupos
C (SC) é obrigatoria, polo tanto a cualificación obtida na Memoria de Traballo
de Seminario/Proxecto de Física (PF) e na Memoria de Prácticas de Laboratorio
(L) pondérase de acordo coa asistencia correspondente. Ambos traballos poden incrementar
a súa nota se se realizan as Probas Voluntarias de Laboratorio (PVL), avaliadas
entre 0 e 1 puntos.

Segunda
oportunidade AC (xullo). Mantéñense os valores
obtidos anteriormente nos seguintes avaliables: PVT, PVP, PVL, SB, SC, PF e L.
O exame escrito consta agora de 3 exercicios e 9 preguntas de resposta curta e
asume no seu conxunto, como na primeira oportunidade CE, 70% da nota final.

En ámbalas dúas oportunidades de
Avaliación Continua, a Nota Final obtense mediante a seguinte fórmula:

Nota Final =
Nota A + Nota B + Nota C

sendo:

Nota A = [(T + PVT)
+ (P + PVP)] * 0,35

Nota B = (L + PVL)
* SB * 0,15

Nota C = (PF + PVL)
* SC * 0,15

T1, T2, T3:
nota de Teoría dos bloques 1 (Cálculo vectorial, teoría de campos e Cinemática),
2 (Dinámica) e 3 (Estática e movemento oscilatorio), respectivamente

P1, P2, P3:
nota de Problemas dos bloques 1 (Cálculo vectorial, teoría de campos e
Cinemática), 2 (Dinámica) e 3 (Estática e movemento oscilatorio), respectivamente

T: media das notas
de teoría

P: media das notas
de problemas

T + PVT:
engádese a nota das PVT se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos

P + PVP:
engádese a nota das PVP se tanto P como T iguala ou supera os 3,50 puntos

L: nota media
das 6 prácticas de laboratorio

SB: asistencia
ás sesións B (SB = nº de sesións asistidas/5)

L + PVL:
engádese a nota das PVL se L iguala ou supera os 3,50 puntos

PF: nota do Proxecto
de Física

SC: asistencia
ás sesións C (SC = nº de sesións asistidas/3)

PF + PVL: engádese
a nota das PVL se PF iguala ou supera os 3,50 puntos

 

Ademáis das probas voluntarias de teoría, problemas e laboratorio,
pódese propor unha proba voluntaria adicional de carácter xeral que consiste na
realización dun curso online de 15 horas de duración programado pola Biblioteca
da Universidade e que se pode realizar ao longo dun mes aproximadamente. Este
curso poderá realizarse sempre que a Biblioteca da Universidade poda ofertalo e
o alumnado que consiga un “apto” recibirá un certificado emitido pola
Bilbioteca computable por 15 horas de traballo para o recoñecemento de créditos
e incrementará ata en 1 punto adicional a nota final da materia sempre que esta
sexa maior ou igual a 3.50. A cualificación deste curso estará ponderada coa
participación en tódalas actividades obrigatorias e voluntarias propostas na
materia do seguinte xeito:

A nota final da materia (Nota A + Nota B + Nota C), despois de
incrementadas as cualificacións da probas voluntarias de teoría, problemas e
laboratorio, nos termos indicados anteriormente, multiplicarase por un índice
de participación global (ip_materia) que contempla a participación (non a
cualificación obtida) en cada un dos tipos de actividades, cuxo valor está comprendido
entre 0 e 1:

ip_materia = ip_A + ip_B + ip_C

onde:

1). ip_A é o índice de participación en
actividades relacionadas coa partes avaliadas na Nota A (realización das PVT,
PVP e exame da convocatoria) ponderada co mesmo peso que este tipo de
actividades (35%):

ip_A = (ip_PVT + ip_PVP) * ip_exame *
0.35

2). ip_B é o índice de participación en
actividades relacionadas coa parte avaliada na Nota B (realización das PVL e
dos informes de laboratorio e máis a asistencia ás sesións B) ponderada co
mesmo peso que este tipo de actividades (15%):

ip_B = ip_PVL * ip_SB * ip_L * 0.15

3). ip_C é o índice de participación en
actividades relacionadas coa parte avaliada na Nota C (realización das PVL e do
Proxecto de Física e asistencia ás sesións C) ponderada co mesmo peso que este
tipo de actividades (15%):

ip_C = ip_PVL * ip_SC * ip_PF * 0.15

sendo:

ip_PVT o índice de participación na
realización das PVT: número de probas realizadas dividido entre o número de probas
propostas (entre 11 e 12 segundo a marcha do curso);

ip_PVP o índice de participación na
realización das PVP: número de probas realizadas dividido entre o número de
probas propostas (3);

ip_PVL o índice de participación na
realización das PVL: número de probas realizadas dividido entre o número de
probas propostas (4 segundo a dispoñibilidade de tempo);

ip_L o índice de participación na
realización dos informes de laboratorio: número de informes entregados dividido
entre número de prácticas propostas (6);

ip_PF o índice de participación na
realización do Proxecto de Física: 1 se é entregado e 0 en caso contrario;

ip_SB o índice de participación nas
sesión B, é dicir a asistencia ás sesións B indicada anteriormente (SB): número
de sesións asistidas dividido entre o número de sesións programadas (5);

ip_SC o índice de participación nas
sesión C, é dicir a asistencia ás sesións C indicada anteriormente (SC): número
de sesións asistidas dividido entre o número de sesións programadas (3);

ip_exame o índice de participación no
exame final da convocatoria: 1 de presentarse e 0 de non presentarse.

 

Finalmente, se a nota final (Nota A +
Nota B + Nota C) iguala ou supera o valor de 3.50, incrementase esta coa nota
obtida no curso da Biblioteca (Nota Biblio), avaliada sobre 1 punto e
multiplicada polo índice de participación global na materia:

Nota Final = (Nota A + Nota B + Nota C) +
Nota Biblio * ip_materia

 

 

O alumnado
dispón na Telemateria de MooVi dun simulador de cálculo de cualificacións.

 

Avaliación Global (AG):

 

Aquel alumnado que
non poida cumprir co método de Avaliación Continua (AC) descrito poderá
acollerse en prazo a unha avaliación única global, entendendo por tal a que se
realiza nun só acto académico, a cal poderá incluír cantas probas sexan
necesarias para acreditar que o estudantado adquiriu a totalidade das
competencias descritas na presente Guía Docente.

 



Calendario
de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:


http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000