Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
Sinale C Código Habilidades
  C1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que podan plantexarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra liñal, xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización
  C2 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador.
  C3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría
  C4 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  C5 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
  C6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  C7 Capacidade para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias para a súa aplicación nos problemas de Enxeñaría.
  C8 Comprensión dos conceptos de aleatoriedad dos fenómenos físicos, sociais e económicos, así como de incerteza.
  C9 Coñecementos de cálculo numérico básico e aplicado á enxeñaría.
  C10 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e da termodinámica e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñaría. Transferencia de calor e materia e máquinas térmicas.
  C11 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios e tecnoloxía de materiais.
  C12 Coñecemento de geotecnia e mecánica de chans e de rochas.
  C13 Coñecemento de resistencia de materiais e teoría de estruturas.
  C14 Coñecemento de topografía, fotogrametría e cartografía.
  C15 Coñecemento dos principios de mecánica de fluídos e hidráulica.
  C16 Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, rede de transporte, repartición e distribución, así como sobre tipos de liñas e condutores. Coñecemento da normativa sobre baixa e alta tensión. Coñecemento de electrónica básica e sistemas de control.
  C17 Capacidade para aplicar metodoloxías de estudos e avaliacións de impacto ambiental e, en xeral, de tecnoloxías ambientais, sustentabilidade e tratamento de residuos.
  C18 Coñecementos e capacidades para o cálculo, construción e deseño de máquinas
  C19 Coñecemento da metodoloxía, xestión e organización de proxectos
  C20 Obras e instalacións hidráulicas. Planificación e xestión de recursos hidráulicos.
  C21 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas
  C22 Coñecemento sobre sistemas eléctricos de potencia e as súas aplicacións.
  C23 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
  C24 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
  C25 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valoración e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
  C26 Operacións básicas de procesos.
  C27 Procesos de refino, petroquímicos e carboquímicos
  C28 Enerxías alternativas e uso eficiente da enerxía
  C29 Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica.
  C30 Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables
  C31 Loxística e distribución enerxética
  C32 Aproveitamento, transformación e xestión dos recursos enerxéticos
  C33 Industrias de xeración, transporte, transformación e xestión da enerxía eléctrica e térmica.
  C34 Enxeñaría nuclear e protección radiolóxica
  C35 Capacidade para aplicar os coñecementos de motores e máquinas térmicas aos problemas que poidan exporse na Enxeñaría.
  C36 Capacidade para aplicar as Tecnoloxías Ambiental aos problemas que poidan exporse na Enxeñaría Térmica.
  C37 Coñecementos básicos de xeología e morfoloxía doterreno e súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñaría. Climatoloxía
  C38 Op1 Coñecemento e capacidade de deseño de instalacións de baixa tensión.
  C39 Op2 Capacidade de analizar o comportamento das instalacións dende o punto de vista da calidade de onda e da eficiencia.
  C40 Op3 Posuir e comprender o coñecemento no campo da producción de frío.
  C41 Op4 Capacidade para deseñar instalacións de frío e climatización.
  C42 Op5 Aplicar os principios do aproveitamento das enerxías alternativas.
  C43 Op6 Coñecer en detalle e ter capacidade para deseñar os principais sistemas de produción de enerxía de orixe renovable
  C44 Op7 Coñecementos sobre o modelado e simulación de sistemas.
  C45 Op8 Capacidade para a xestión de auditoras de instalacións de enerxía.
  C46 Op9 Comprensión e dominio dos conceptos sobre aforro e eficiencia enerxética, así como xestión da mesma e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñaría enerxética
  C47 Op10 Capacidade para a innovación no desenvolvemento de novas liñas, proxectos e produtos no campo da Enxeñaría enerxética.
  C48 Op11 Capacidade para analizar o réxime económico de funcionamento dos sistemas de produción de enerxía eléctrica. Coñecer o mercado de enerxía eléctrica.
  C49 Op12 Coñecemento e capacidade de aplicación da normativa relacionada coa eficiencia enerxética.
  C50 Op13 Coñecer os sensores para medida de variables físicas.
  C51 Op14 Capacidade para seleccionar e utilizar sistemas de adquisición de datos e instrumentación electrónica.
  C52 Op15 Capacidade de planificación e xestión integral de obras, medicións, replanteos, control e seguimento.
  C53 Op16 Extracción de materias primas de orixe mineral.
  C54 Op17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  C55 Op18 Sistemas de produción e Fabricación Industrial.
  C56 Op19 Deseño, planificación e dirección de explotacións mineiras.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de interrelacionar tódolos coñecementos adquiridos, interpretándoos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna.
  D2 Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñaría, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar.
  D3 Propor e desenvolver solucións prácticas, utilizando os coñecementos teóricos, a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá propios da enxeñaría, desenvolvendo as estratexias adecuadas.
  D4 Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais.
  D5 Coñecer as fontes necesarias para dispor dunha actualización permanente e continua de toda a información precisa para desenvolver o seu labor, accedendo a todas as ferramentas, actuais e futuras, de procura de información e adaptándose aos cambios tecnolóxicos e sociais.
  D6 Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñaría e no desenvolvemento de calquera dos aspectos do seu labor profesional.
  D7 Capacidade para organizar, interpretar, asimilar, elaborar e xestionar toda a información necesaria para desenvolver o seu labor, manexando as ferramentas informáticas, matemáticas, físicas, etc. necesarias para iso.
  D8 Concibir a enxeñaría nun marco de desenvolvemento sustentable con sensibilidade cara temas medioambientais.
  D9 Entender a transcendencia dos aspectos relacionados coa seguridade e saber transmitir esta sensibilidade ás persoas da súa contorna.
  D10 Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica do pensamento científico, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000